Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 718 novas da área temática Cooperación:

09/01/2025 | 11:46 | C. do Medio Rural

Un total de 323 colexios galegos benefícianse este curso das axudas de Medio Rural por importe de máis de 1 M€ para distribución de leite e froita na escola

A conselleira María José Gómez puxo hoxe en valor estas achegas nunha visita ao colexio Froebel de Pontevedra, beneficiario desta iniciativa, que ten previsto chegar ata uns 80.000 alumnos en toda a comunidade autónoma

08/01/2025 | 13:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adxudica axudas a 78 escolas de música de 67 concellos nas que estudan 12.200 alumnos

Benefícianse desta liña, dotada con 265.000€, centros que dependen tanto de administracións municipais como de entidades sen ánimo de lucro

08/01/2025 | 11:15 | C. de Facenda e Administración Pública

Entra en vigor a nova Lei de Estatística de Galicia que reforzará a capacidade do IGE para responder de xeito máis eficaz ás demandas de información

A nova normativa permitirá xerar información de maior calidade e fiabilidade, pegada ao territorio e próxima ao cidadán, aumentando as sinerxías e racionalizando custos

08/01/2025 | 11:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa a alerta laranxa por chuvia no suroeste da provincia da Coruña

Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese

08/01/2025 | 10:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incrementa as axudas para gastos de funcionamento das agrupacións de persoal voluntario de Protección Civil

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de subvencións deste ano, cunha dotación que pasa de 340.000 a 370.000 euros

07/01/2025 | 15:37 | A Presidencia da Xunta

Belén do Campo evalúa cos xefes territoriais o balance de actividade da delegación no 2024 e os retos para o 2025

A representante do Goberno autonómico subliñou que do orzamento total da Xunta para o 2025, 13.954 millóns de euros, un 74% se destinan ao coidado das persoas a través da sanidade, a educación, a política social e o emprego

07/01/2025 | 14:03 | C. de Política Social e Igualdade

A delegada da Xunta visita o Banco de Alimentos de Vigo e destaca o labor realizado na gran recollida do ano 2024

Ana Ortiz mantivo un encontro coa nova directiva da Fundación Provincial e avanza que o Goberno galego estuda liñas de colaboración coa ONG

06/01/2025 | 11:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reafirma o pulo á economía social como motor socioeconómico cunha nova convocatoria do certame Cooperativismo no ensino e dos Premios á cooperación

Estes recoñecementos publicaranse por primeira vez nunha única orde co fin de avanzar na simplificación administrativa e na difusión deste modelo empresarial

01/01/2025 | 11:11 | C. de Facenda e Administración Pública

Hoxe entran en vigor os orzamentos de Galicia para este ano 2025 con novas rebaixas fiscais para as familias e as empresas

As contas para os vindeiros doce meses son os máis altos da historia, con preto de 14.000 millóns de euros

01/01/2025 | 09:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta beneficiou máis de 30.000 familias do exterior en 2024 coas súas iniciativas sociais e a prol do retorno

O apoio ao emprendemento galego que regresa do exterior foi decisivo en 2024, con 150 beneficiarios procedentes de 30 países e un orzamento de 1,23 millóns de euros