Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.105 novas da área temática Forestal:

07/05/2025 | 14:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta, o Goberno central e a Administración local reúnense para deseñar actuacións conxuntas en materia de prevención e loita contra os lumes forestais en Situacións 2

O director xeral de Emerxencias e Interior puxo en valor o excelente clima de colaboración entre tódolos participantes na reunión

07/05/2025 | 12:29 | C. do Medio Rural

Medio Rural abre dende hoxe as comunicacións para as queimas agrícolas e as solicitudes de autorizacións para as de restos forestais amoreados

 As persoas interesadas deberán confirmar na súa comunicación que efectuarán unha queima de palla ou material natural non perigoso, e no caso de efectuar o trámite chamando ao 012, deberán dar conta tamén desta circunstancia por teléfono

05/05/2025 | 15:46 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba o Pladiga 2025 que inclúe un incremento do 19% no orzamento para a formación do persoal contra incendios

Destínanse preto de 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026 á formación e ao adestramento dos profesionais para a realización de case 3.500 edicións de cursos e accións formativas

30/04/2025 | 16:01 | C. do Medio Rural

Medio Rural prevé investir 13,7 M€ ata 2026 para a mellora das infraestruturas anti incendios forestais

A conselleira María José Gómez presidiu a reunión do Consello Forestal na que se presentou a actualización do Plan de prevención e defensa contra incendios forestais da Xunta, Pladiga, que será aprobado proximamente polo Consello do Goberno galego

30/04/2025 | 11:45 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina 401.000 euros a 27 beneficiarios para manter os compromisos forestais de xestión de servizos ecosistémicos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución destas axudas, nadas co fin de fomentar determinadas prácticas voluntarias de xestión que contribúan á conservación e estabilidade dos montes

28/04/2025 | 10:47 | C. do Medio Rural

Medio Rural saca a concorrencia competitiva as parcelas do polígono agroforestal de Cualedro

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a aprobación desta figura contemplada na Lei de recuperación da terra agraria, que abrangue unha superficie de 64 hectáreas, distribuídas en 72 parcelas de 70 titulares catastrais

28/04/2025 | 10:19 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina preto de 5,3 M€ a 172 beneficiarios para o coidado de 3.287 ha de plantacións forestais subvencionadas pola Xunta nos últimos anos

Poden beneficiarse destas primas as persoas titulares de superficies forestais que fosen forestadas con unha subvención xestionada pola Consellería abeiro das ordes de axudas para a creación de superficies forestais