Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 608 novas da área temática Portos:

01/10/2024 | 18:44 | C. do Mar

A Xunta realizou traballos de rexeneración dos bancos marisqueiros sobre unha superficie de case 2,2 millóns de m2 desde o 2010

Marta Villaverde tamén puxo en valor o apoio para a adquisición de ao redor de 277 millóns de unidades de bivalvos autóctonos e máis de 60 millóns de ameixa xaponesa entre por parte das entidades beneficiarias

20/09/2024 | 13:11 | C. do Mar

Villares reclama ao Goberno central maior implicación na promoción dos produtos pesqueiros para reforzar as campañas da Xunta e do sector

O responsable autonómico puxo en valor o traballo do Goberno galego na mellora da comercialización do peixe, marisco e conservas e situou estes produtos como esencias para acadar a necesaria soberanía alimentaria de Europa

19/09/2024 | 14:43 | C. de Economía e Industria; C. do Mar

Lorenzana subliña o compromiso da Xunta para que todos os galegos se beneficien dos recursos naturais de Galicia tendo acceso a enerxía máis barata

“Temos que conseguir trasladar aos galegos e galegas que o feito de ter un recurso natural próximo, o feito de ter un parque eólico próximo, non é un problema, é un beneficio para a veciñanza porque a electricidade vai ser máis barata”, remarca Lorenzana

17/09/2024 | 13:36 | C. do Mar

A Xunta tramita unha nova dragaxe no porto de Foz e proxecta a remodelación das instalacións, cun investimento previsto de 3,5 M€

José Antonio Álvarez lembrou que a obra de recuperación de calado está pendente de informe do Ministerio de Transición Ecolóxica e que contempla varias actuacións nos vindeiros anos, que se sumarán aos 1,1 millóns investidos en anteriores dragaxes

15/09/2024 | 17:26 | C. do Mar; C. de Facenda e Administración Pública
10/09/2024 | 13:56 | C. do Mar

A Xunta de Galicia adxudica as obras de melloras dos departamentos de armadores do porto de San Cibrao, en Cervo, cun investimento de 365.000 euros

O conselleiro do Mar visitou a dársena na que está previsto que poidan iniciarse os traballos de acondicionamento dos 10 locais para profesionais ao longo do vindeiro mes de outubro