Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.073 novas da área temática Territorio:

27/11/2025 | 16:40 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor o papel das gasolineiras no rural á hora de garantir servizos básicos e contribuír a fixar poboación

Destaca o acordo alcanzado entre a Xunta, a Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes) e Abanca este ano e que está a permitir a retirada de efectivo nas estacións dos municipios de menos de 20.000 habitantes

27/11/2025 | 15:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca as medidas impulsadas nos últimos anos e que sitúan a Galicia como a comunidade con menos risco de probreza infantil

Jacobo Rey sinalou que o Executivo galego conta con diferentes recursos e programas para garantir o benestar da infancia en situación de vulnerabilidade

27/11/2025 | 15:32 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles pon en valor o interese do mercado norteamericano pola España Verde que xa foi visitada por 17,3 millóns de turistas este ano

Participou esta mañá na reunión de seguimento do destino do norte peninsular que tivo lugar en Santander

26/11/2025 | 15:58 | C. do Mar

Portos de Galicia dotará dunha marxe para tránsito peonil o acceso ao porto de Espasante, en Ortigueira

A conselleira do Mar visitou a dársena para informar tamén de novos avances na tramitación da dragaxe

26/11/2025 | 15:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recoñece as traxectorias profesionais de Jesús Irisarri, Guadalupe Piñera e Roberto Medín nos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2025

Allegue agradeceu aos arquitectos o seu “talento e excelencia que contribúe ao desenvolvemento da nosa terra e a reforzar a marca Galicia Calidade”

25/11/2025 | 20:39 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos erixe a muralla de Lugo como “un dos patrimonios icónicos que proxectan Galicia no mundo”

A actuación da galardoada co Premio Grammy Latino ao Mellor álbum de música clásica abre as actividades que o Goberno galego desenvolve durante toda a semana

24/11/2025 | 13:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo salienta a aposta do Concello de Coristanco polo fermosismo e a protección da paisaxe

A representante do Goberno autonómico destacou que neste municipio se levou a cabo a mellora do centro social de Rececinde e do Muro da Rocheira e a renovación da fachada do polideportivo municipal ao abeiro desta orde

24/11/2025 | 11:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Concello do Valadouro súmase ao programa da Xunta para mobilizar solos de titularidade municipal para a construción de 44 vivendas protexidas

O departamento que dirixe María M. Allegue pon a disposición do Concello esta nova ferramenta que lle outorga apoio técnico para ofertar, mediante concurso público, a parcela municipal, situada na confluencia da rúa Rosalía de Castro e da avenida da Veiga