Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 444 novas da área temática Urbanismo:

03/02/2023 | 13:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Axencia de Protección da Legalidade urbanística e o concello de Barro coinciden na necesidade de prestar atención especial ás infraccións no Camiño de Santiago

Durante un encontro recente revisaron os diferentes núcleos de poboación, espazos protexidos e infraestruturas do municipio, analizando as súas singularidades urbanísticas

31/01/2023 | 13:40 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede 76 axudas para a adquisición de vivendas xa construídas en 19 centros históricos por preto de 650.000 euros

Ángeles Vázquez valora a boa acollida desta iniciativa entre a xuventude xa que o 52% das axudas foron recibidas por menores de 35 anos

31/01/2023 | 13:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reitera o seu compromiso para converter Galicia nun exemplo de urbanismo responsable e valora os avances realizados no uso racional do territorio

Ángeles Vázquez lembra que a LOUGA supuxo “un antes e un despois” na regulación desta materia xa que os PXOM que se adaptaron a ela acadaron uns parámetros de calidade moi superiores aos anteriores

26/01/2023 | 15:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O boicot do concello de Vigo aos orzamentos do Consorcio Casco Vello paraliza cinco novas rehabilitacións

Marta Fernández-Tapias tivo que retirar do punto do día do comité executivo unha proposta para a reforma dun edificio por non dispor de presuposto

24/01/2023 | 19:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta define o concepto de rehabilitación integral de cara a facilitar a concesión de permisos e licencias urbanísticas

Encarnación Rivas pon en valor a colaboración e coordinación administrativa para unificar criterios en materia urbanística

15/01/2023 | 15:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mantén o compromiso coas entidades veciñais cun investimento de 3 M€ destinados a garantir a súa actividade

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe ao encontro organizado pola Federación de Asociacións de Veciños de Lugo ‘Lucus Augusti’ na parroquia de Pedreda

14/01/2023 | 13:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por máis de 104.000 euros as obras destinadas a mellorar un espazo público en Mourelos, no Concello de Touro

A actuación enmárcase no plan Hurbe, impulsado en 2010 para apoiar ás entidades locais en proxectos que melloren as condicións e a calidade de vida da súa veciñanza

14/01/2023 | 10:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta subliña que o anteproxecto de lei estatal para reforzar a seguridade xurídica no urbanismo asume as demandas do manifesto liderado por Galicia

Valora a oportunidade desta iniciativa lexislativa xa que a anulación dos plans xerais se converteu nun problema estrutural que afecta a todas as comunidades e urxe á súa aprobación canto antes para ofrecer unha solución eficaz á situación actual

10/01/2023 | 13:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta asigna 400.000 euros ao Concello de Cortegada para a rehabilitación do casco antigo

Trátase de axudas para a restauración a nivel de barrios, financiadas con fondos europeos

07/01/2023 | 14:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita o contrato para a humanización da contorna da casa cuartel do Concello de Esgos por máis de 190.000 euros

O vindeiro ano, o Goberno galego destinará 8,6 M€ a seguir apoiando ás administracións locais na execución deste tipo de obras, un 23 % máis que o orzamento destinado a tal fin en 2022