Actualidade
Buscador de novas
A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia esclarece catro incendios forestais na área de Santiago de Compostela
Un incendio intencionado, un lume accidental ao calcinarse un tractor e dúas queimas de material agrícola sen as debidas medidas de seguridade foron as causas dos incidentes
A Xunta activa a alerta laranxa para mañá por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra
Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese
Case 600 persoas aspirantes a auxiliares de policía local realizarán os primeiros exercicios do proceso selectivo o 2 de maio en Silleda
O Diario Oficial de Galicia publicou o nomeamento do tribunal que cualificará o proceso e a próxima semana darase a coñecer a listaxe definitiva de persoas admitidas para o acceso por oposición libre
A Xunta reforza o equipamento de diversos GES coa entrega de vehículos valorados en 1,7 M€
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na cesión de autobombas rurais pesadas aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais con sede na Estrada, A Pontenova, Avión, Muíños e no Barco de Valdeorras, e de furgóns de servizos varios aos que xa teñen en Lalín, O Pereiro de Aguiar e Terras de Celanova
A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia esclarece dous incendios forestais nos concellos do Barco de Valdeorras e do Bolo
Ambos os lumes debéronse a escapes de queimas de restos agrícolas realizadas sen as medidas de seguridade precisas
A Xunta promove esta semana a II Feira de Educación, Formación e Emprego de Lugo
A cita, que se celebrará os días 9 e 10 de abril con máis de 6.000 persoas, forma parte do novo calendario de feiras Galicia Educa
Belén do Campo destaca a importancia das prestacións de servizos de vixilancia e socorrismo
A representante do Goberno autonómico coñeceu de primeira man a APP de Ceus World para mellorar a seguridade e a comunicación cos socorristas
A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia comisa máis de 76 quilos de polbo en Bueu
É o resultado dun operativo contra o furtivismo que se saldou coa tramitación dunha acta de sanción por infrinxir a Lei de Pesca de Galicia ao realizar a descarga nun lugar non autorizado, incumprir os protocolos fixados e carecer de documentación que ampare a legalidade e orixe do produto
Máis do 70% dos concellos con corpo de Policía Local delegan na Xunta o proceso de selección e a formación dos seus axentes
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, compareceu hoxe a petición propia no Parlamento para facer balance da actividade da Academia Galega de Seguridade Pública
A Xunta destaca a cooperación transfronteiriza como un aspecto clave na resposta fronte aos grandes desafíos do cambio climático
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, acudiron hoxe a unha xornada técnica de Protección Civil para poñer en valor os beneficios da colaboración entre Galicia e Portugal en prol da seguridade e coidado das comunidades