Actualidade
Buscador de novas
Galicia reclama avances que permitan elevar as posibilidades de pesca da súa frota para 2024 fronte á proposta inicial que se negocia da Comisión Europea
Desde a comunidade pídeselle ao Ministerio que se aproveite a presidencia de España do Consello para propiciar avances nas cotas e os totais admisibles de capturas nas especies de maior interese para os profesionais do mar galegos
A Xunta inviste 375.000 € na mellora e acondicionamento dos locais dos armadores no porto de San Cibrao
O conselleiro do Mar destacou que esta actuación redundará positivamente nas condicións de traballo dos usuarios así como na redución das necesidades de mantemento dos edificios
Galicia demanda cotas adicionais de aquí a finais de ano en especies como a sardiña, o badexo e o alfonsino
A Dirección Xeral de Pesca consegue que a frota do xeito poda seguir coa pesqueira e continuar coas capturas ata que remate o mes de decembro
A Xunta executa melloras por importe de 1,5 millóns de euros nas instalacións portuarias do municipio de Poio
Alfonso Villares lembrou que Portos de Galicia leva a cabo tamén as obras de remodelación e humanización do acceso ao porto de Raxó por 830.000 euros
A Xunta contempla actuacións por 2 millóns de euros para melloras nos portos de Ortigueira e Espasante
Alfonso Villares confirmou que están en tramitación as dragaxes de ambas dársenas e se realizan estudios previos para balizar a canle de acceso ao peirao de Ortigueira
A Xunta duplicou o volume de axudas para a frota polo impacto da guerra de Ucraína e agarda ter resoltos e pagados todos os expedientes no mes de decembro
Antonio Basanta detallou que aos 3,6 millóns de euros destinados inicialmente para a anualidade sumouse unha ampliación de crédito por outros 3,7 millóns de euros, despois de que as solicitudes dos distintos segmentos da frota superasen as 2.600
O conselleiro do Mar mantén un encontro institucional coa confraría e a concesionaria da lonxa de Ribeira
Alfonso Villares visitou a rula ribeirense, na que o seu departamento investiu 14 millóns de euros
Portos de Galicia solicita ao Goberno central informe para poder licitar as obras do peirao da dársena interior de Muros, nas que investirá 150.000 euros
Esta actuación únese a outras 14 que están actualmente á espera de resposta do Ministerio para poder completar a súa tramitación