Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 591 novas da área temática Consumo:

07/11/2023 | 13:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor informa aos representantes da factoría Stolt Sea Farm de Camariñas a renovación da súa concesión ata o 2031 prorrogable ata o 2071

Esta empresa conta con 32 traballadores todos naturais e residentes de Camariñas e Carnota e produce unha media de 1.200 toneladas ao ano de rodaballo e linguado

05/11/2023 | 16:12 | C. de Sanidade; C. do Medio Rural

Comesaña pon en valor a dieta atlántica na clausura do salón Xantar de Ourense

O conselleiro de Sanidade avanzou que se superaron as 150.000 consultas dos 94 novos nutricionistas de atención primaria

02/11/2023 | 19:41 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o valor dos produtos galegos á hora de consolidar á comunidade como destino enogastronómico de referencia

Resalta que o Goberno galego reserva 17 millóns de euros nos orzamentos do próximo ano para accións de promoción de produtos agroalimentarios e do mar

01/11/2023 | 12:58 | C. do Medio Rural; C. do Mar; C. de Economía e Industria

A Xunta participará no Fórum Gastronómic de Barcelona promocionando os produtos galegos con marca Galicia Calidade

No evento, que se celebrará na capital catalá do 6 ao 8 de novembro, participarán 25 expositores e 26 empresas e produtores de varios sectores agroalimentarios e do mar galegos, recoñecidos baixo a marca Galicia Calidade ou en proceso de certificación

31/10/2023 | 13:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ultima, da man do sector da hostalería, a primeira guía para a integración das terrazas na contorna e nos espazos públicos

Ángeles Vázquez explica que na guía se analizarán as terrazas tanto en función da súa configuración e dos elementos que as compoñen como da súa localización

31/10/2023 | 12:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias destaca que 70 negocios lucenses xa se sumaron aos bonos turísticos da Xunta, que poden gastarse ata o 25 de decembro

O delegado territorial de Lugo explica que ata o 1 de decembro poden seguir incorporándose máis establecementos á campaña, que busca manter a boa afluencia de viaxeiros fóra da tempada alta