Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 554 novas da área temática Enerxía:

11/10/2023 | 18:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta prevé esgotar os fondos das convocatorias deste ano das axudas para mellorar a eficiencia enerxética en vivendas e edificios residenciais

O prazo de presentación de solicitudes pechouse o pasado 2 de outubro e o IGVS rexistrou demanda para rehabilitar preto de 17.000 vivendas

06/10/2023 | 15:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por unha transformación integral da minería a través da busca de novas solucións innovadoras

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participaron esta mañá en Santiago de Compostela na xornada de presentación da Consulta Preliminar ao Mercado do proxecto SmartminTech

04/10/2023 | 15:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por estender a transición enerxética ás cidades galegas para que sexan máis sustentables

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, estivo na apertura do simposium ‘Urban Solutions’, organizado polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal)

28/09/2023 | 14:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta moderniza o CEIP de Paradai e logra un aforro enerxético superior ao 30 % logo dun investimento de preto de 1 M€

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou o resultado dos traballos, que incluíron illamento da estrutura, cambios nas carpintarías e obras interiores nos dous edificios do centro

19/09/2023 | 14:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta xa concedeu máis de 4900 apoios para a adquisición de vehículos e a instalación de puntos de recarga a través do Moves III

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou hoxe en Boqueixón a empresa Morteros de Galicia, beneficiaria deste programa a través dunha axuda para a instalación dun punto de recarga no aparcadoiro cuberto

16/09/2023 | 12:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta traballa na mellora da eficiencia enerxética dos centros de ensino mediante rehabilitacións integrais e instalacións de biomasa e fotovoltaicas

A través do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica búscase reducir o impacto medioambiental dos colexios e institutos
 

12/09/2023 | 14:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta empregará a compra pública de innovación no sector da enerxía e a industria para impulsar o hidróxeno verde e as renovables mariñas

Este programa vai enfocado a impulsar a actual plataforma experimental de Punta Langosteira e ao desenvolvemento de solucións innovadoras ao redor da cadea de valor do hidróxeno verde

10/09/2023 | 10:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende en Noruega un desenvolvemento da eólica mariña compatible coa actividade pesqueira e a preservación do ecosistema

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta semana nun evento organizado polo grupo RWE sobre eólica mariña flotante

06/09/2023 | 14:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor o compromiso de Repsol con Galicia a través do desenvolvemento de novos proxectos enerxéticos

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse coa directiva do complexo industrial da Coruña

04/09/2023 | 13:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras para a instalación de enerxía solar fotovoltaica na estación depuradora de augas residuais da Pobra do Caramiñal

Os traballos, adxudicados por 43.000 €, inclúen a redacción do proxecto, dirección de obra e unha instalación fotovoltaica de 45kWp para autoconsumo