Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana pon en valor a iniciativa de Cafés Candelas para incrementar a produtividade e sustentabilidade da compañía coa construción da nova planta en Lugo
A conselleira de Economía e Industria repasou cos responsables da compañía o estado de tramitación no que se atopa o proxecto, declarado Iniciativa Empresarial Prioritaria (IEP) polo Goberno galego e que prevé un investimento superior aos 14M€ e a xeración de 40 novos postos de traballo
Alfonso Villares sitúa á Feira Conxemar como escaparate único onde amosar o liderado das empresas pesqueiras galegas do conxelado
O titular de Mar, acompañado polo ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, fixo un percorrido polos principais expositores das empresas española do sector do conxelado onde mantivo encontros informais cos seus responsables
Alfonso Villares estreita lazos institucionais e económicos pesqueiros cos países de Arxentina e Namibia
As xuntanzas serviron para afianzar alianzas, co fin de crear un efecto tractor que impulse a economía local, mediante a xeración de emprego e riqueza, impulsando o desenvolvemento das zonas costeiras e do conxunto do país
A Xunta adxudica catro bolsas de lectorado de galego nas universidades de Madrid, París, Roma e A Bahía
Forma parte das iniciativas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para a proxección exterior da nosa lingua, literatura e cultura
Cetmar colabora coa FAO na profesionalización do sector pesqueiro de São Tomé e Príncipe
O Centro Tecnolóxico do Mar traballará no recoñecemento das competencias profesionais dos pescadores e no deseño de dúas embarcacións adaptadas ás necesidades da pesca artesanal na zona
O premio de relato curto 'Nortear' impulsado pola Xunta recae no escritor culleredense Manuel Vila Iglesias pola obra 'Graxa'
Dotada con 3.000 euros, a iniciativa nace da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte, Instituto Público
A Xunta participa na inauguración da sede do consulado de Guinea-Bissau en Vigo
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, deu a benvida ao cónsul honorario de Guinea-Bissau en Vigo, Julio Vázquez Domínguez, e puxo en valor a cooperación galega en materia de sanidade e educación
Preto de 49.000 persoas beneficiáronse xa en Galicia das actuacións cofinanciadas polo fondo social europeo FSE+
O 53% das persoas beneficiadas son mulleres