Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 36.197 novas da área temática Áreas temáticas:

19/06/2026 | 15:04 | C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo supervisa a posta a punto dos albergues xuvenís de Gandarío e Mariña Española ante o inicio da campaña de verán o 1 de xullo, que ofertarán preto de 1.700 prazas

A delegada lembrou que estas actividades forman parte da campaña Modo Verán Activo, que alcanza este ano as 11.932 prazas en todas as súas modalidades, cun investimento de 5,5 millóns de euros das cales 3.745 son na provincia da Coruña

19/06/2026 | 15:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo as entidades de formación como axentes clave que conectan o talento coas necesidades de capacitación do tecido produtivo

José González defende a importancia do diálogo permanente e a escoita activa co sector para avanzar na mellora continua das políticas activas de emprego impulsadas polo Goberno galego

19/06/2026 | 14:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta entrega os recoñecementos ‘Medrando Xuntas Impulsa 2026’ para visibilizar o talento feminino na economía social de Galicia

As directoras xerais de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, e de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, participaron hoxe na entrega de galardóns enmarcada no programa que busca fortalecer o papel das mulleres na economía social

19/06/2026 | 14:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pecha o curso escolar en crecente e felicita ao alumnado e ao profesorado polo esforzo e dedicación durante este ano académico

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP comparte coa comunidade escolar do Colexio Plurilingüe Manuel Sieiro o último día de clase

19/06/2026 | 14:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Poio destinarán 4 M€ a construír un novo bombeo e un segundo tanque de tormentas no municipio para seguir mellorando o saneamento na ría de Pontevedra

Ángeles Vázquez salienta que esta actuación beneficiará a unha poboación estimada de 8.246 persoas e permitirá resolver as limitacións actuais do sistema de depuración municipal, caracterizado pola entrada de auga do mar e infiltracións na rede e os alivios en época de chuvias, factores que provocan un exceso de caudal

19/06/2026 | 14:36 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles destaca que Ribadeo exemplifica a aposta da Xunta por un turismo de calidade dentro da marca España Verde

O director de Turismo puxo en valor a estratexia para 2026 con accións de promoción en mercados de longa distancia e o reforzo en áreas coma a dixitalización

19/06/2026 | 14:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña o potencial xeotérmico de Galicia e as oportunidades que ofrece no eido da innovación tecnolóxica e de xeración de emprego

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou en Nigrán nunha xornada sobre esta fonte de enerxía renovable que destaca pola súa estabilidade e sitúa á comunidade á vangarda do noroeste peninsular