Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 544 novas da área temática Dixital:

20/09/2023 | 16:04 | C. de Facenda e Administración Pública

A EGAP acolle un curso superior organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia sobre protección de datos dirixido a persoal empregado público

Participan 70 persoas que recibirán formación tanto dende un punto de vista técnico xurídico como dende unha visión práctica

15/09/2023 | 13:05 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Julián Cerviño defende o papel da Xunta na especialización de Galicia no desenvolvemento dunha intelixencia artificial humanista

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia participou, está mañá, nunha mesa redonda sobre os “desafíos e oportunidades na transformación dixital”, con motivo do 50º aniversario da tecnolóxica Seresco na nosa Comunidade

15/09/2023 | 12:16 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta abre a consulta pública da futura lei de intelixencia artificial de Galicia

A futura norma busca, entre outros aspectos, crear un marco legal uniforme para o deseño, adquisición, implementación e uso de sistemas de IA na Administración xeral e do sector público autonómico, en liña cos valores e o marco normativo establecido polas institucións europeas.

12/09/2023 | 11:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 3 ofertas para executar o Centro de Ciberseguridade de Galicia, en San Cibrao das Viñas

Os traballos, licitados por máis de 6 M€, permitirán construír este novo centro na parcela 3E da Tecnópole, cunha superficie útil de máis de 2.100 m²

09/09/2023 | 11:40 | C. de Facenda e Administración Pública

Preto de 300 rapaces e rapazas participaron no programa de obradoiros de verán “Girl STEAM” para fomentar as vocacións TIC

A iniciativa, impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, rematou esta semana tras celebrar 14 obradoiros na Rede CeMIT e dúas xornadas para incentivar a presenza das mulleres nas carreiras STEAM

08/09/2023 | 15:01 | C. de Economía e Industria

Lorenzana aborda co clúster TIC novas vías de colaboración para impulsar a transformación dixital da industria galega

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro con representantes desta entidade, coa que a Xunta coopera tamén en eidos como a internacionalización ou a formación

31/08/2023 | 14:51 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
29/08/2023 | 16:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta axiliza a construción no Gaiás do primeiro Centro de Artes Dixitais de Galicia adxudicando a súa construción nun prazo máximo de 24 meses

Galicia contará en 2025 cun centro de referencia en España na produción e exhibición de proxectos culturais dixitais de máximo nivel