Actualidade
Buscador de novas
Ethel Vázquez destaca a capacidade dos escolares do Colexio Estudio de Nigrán para plasmar a importancia social e ambiental da auga no vídeo gañador do premio provincial Innnovaugas 4.0
Vázquez Mourelle salienta que o traballo gañador, ‘A auga’, explica nun minuto como vai mudando a relación da humanidade coa auga e como as novas tecnoloxías axudan a xestionar e coidar a auga de forma máis sostible
Ethel Vázquez destaca o exemplo de coidado do traballo As Pinguiñas Viaxeiras do colexio Manuela Rial Mouzo de Cee, galardoado co Premio Innovaugas 4.0
Vázquez Mourelle subliña a elaboración do vídeo e a escenificación do ciclo da auga que fixeron os nenos a través de ‘Hidra’, unha pinga viaxeira que traslada a importancia deste ben prezado e a necesidade de coidalo
A Xunta expón o modelo de xestión da auga en Galicia aos responsables da administración dos recursos hídricos no sur de Mozambique
O Goberno galego amosaralle estes días á delegación mozambiqueña as claves da xestión pública da auga en Galicia, visitando varias infraestruturas hidráulicas e traballando co persoal técnico de Augas de Galicia en actuacións teóricas e prácticas
A Xunta adxudica as obras para a instalación de enerxía solar fotovoltaica na estación depuradora de augas residuais de Gondomar
Os traballos, adxudicados por 40.000 €, inclúen a redacción do proxecto, dirección de obra e unha instalación fotovoltaica de 45kWp para autoconsumo
A Xunta remata as actuacións de illamento acústico na zona de decantación da depuradora dos Praceres
Os traballos, cun investimento de 36.000 €, consistiron na implantación de medidas para evitar novos focos de ruído na contorna das instalacións hidráulicas
A Xunta outorga os Premios Escolares Innovaugas a 4 colexios de Cee, Xove, Ourense e Nigrán polos seus proxectos sobre o uso responsable da auga
Os gañadores foron o CPR Manuela Rial Mouzo de Cee, con ‘As pinguiñas viaxeiras’; o CEIP Pedro Casares de Xove, con ‘Gota a gota tamén se esgota’; o colexio Carmelitas de Ourense, co vídeo ‘Xornal Auga’; e o colexio Estudio de Nigrán, co vídeo ‘A auga’
A Xunta comparte coa Junta de Andalucía a experiencia de xestión na mellora do ciclo integral da auga en Galicia
A conselleira e os responsables de Augas de Galicia explican o traballo desenvolvido desde a Xunta para adaptar a xestión ao contexto climático, aumentando a eficiencia no consumo, protexendo o medio natural e blindando actividades como a pesca e o turismo
A Xunta adxudica as obras para a instalación de enerxía solar fotovoltaica na estación depuradora de augas residuais de Tomiño
Esta actuación, adxudicada por preto de 45.000 €, comprende a redacción do proxecto, dirección de obra e unha instalación fotovoltaica de 45 kWp para autoconsumo
A Xunta remata as actuacións de mellora da depuradora de Ponte Chaín, no concello de Portas
Augas de Galicia procedeu á entrega destas intervencións á administración local
A Xunta recibe 5 ofertas para executar a remodelación da ponte na rúa Fomento de Carballo para reducir o risco de inundación no río Anllóns
Esta actuación, licitada por case 2 M€, permitirá intervir na zona da ponte, onde o estreitamento do leito do río e a súa escasa capacidade de desaugue fai que sexa unha das zonas más inundables no casco urbano en época de enchente