Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana celebra encontros co sector da automoción para dar a coñecer a nova liña de apoios convocada pola Xunta por importe de 14 M€
A conselleira de Economía e Industria mantivo unha reunión de traballo con responsables de Gestamp, firma especializada en deseño, desenvolvemento e fabricación de compoñentes metálicos para o automóbil, cos que analizou a situación desta industria e coñeceu o plan de futuro da planta viguesa
A Xunta participa na XVI Festa do comercio organizada pola Asociación de comerciantes, industriais, servizos e autónomos de Ribadeo
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu hoxe ao acto co que culmina o ano no que Acisa conmemorou o seu 35º aniversario
Lorenzana avanza axudas por importe de 14 M€ para impulsar a innovación e a dixitalización do tecido produtivo de Galicia
Como novidade, estas axudas inclúen máis de 10 millóns para fomentar o uso da Intelixencia Artificial (IA) nas empresas
Lorenzana anuncia unha nova convocatoria de axudas por importe de 7,5 M€ para reducir a factura eléctrica das empresas galegas
A conselleira subliña que a convocatoria de apoios se publicará mañá no DOG e anima a presentar a súa solicitude a todos os empresarios que precisen facer unha reforma no ámbito da eficiencia enerxética
A Xunta impulsa 17 proxectos de emprendemento empresarial no rural de Lugo, con infraestruturas e asesoramento na rede de viveiros industriais
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, visitou hoxe o viveiro industrial de Friol (Lugo)
Dúas novas empresas incorpóranse ao programa de apoio da Xunta e Pymar destinado a incrementar a competitividade do sector naval
Trátase en concreto de Aister (Astillero de Aluminio) situado en Moaña e de Astaleiros Blascar ubicado en Ferrol
A Xunta impulsa o establecemento de sinerxías entre o talento universitario e o ecosistema emprendedor galego no marco da Rede de polos
O Executivo galego promove a conexión entre empresas emerxentes galegas, asesoradas no marco da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, con estudantado universitario de último ano grazas á plataforma U4Impact
Lorenzana anuncia a aprobación da primeira convocatoria de axudas en Galicia para promover o uso da intelixencia artificial nas empresas
Será aprobada no vindeiro Consello da Xunta, cun orzamento de 10,3 M€
Lorenzana subliña que as empresas son un aliado para o desenvolvemento económico e avoga pola colaboración público-privada como piar da política industrial de Galicia
Sinala que este é o único camiño posible “porque sen empresas e sen industria non hai futuro”
A Xunta subliña o seu compromiso coa seguridade industrial que aporta valor diferencial e maior competitividade aos sectores produtivos
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, asiste a unha xornada sobre Seguridade Industrial na Enerxía