Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 544 novas da área temática Dixital:

21/08/2023 | 11:50 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta convoca as axudas para a difusión e fomento do uso do software e o hardware libre en Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde, dotada con 60.000 euros, dirixida ás asociacións galegas de persoas usuarias de software libre

17/08/2023 | 12:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a execución do Centro de Ciberseguridade de Galicia, en San Cibrao das Viñas, que suporá un investimento de máis de 6 M€

O Goberno galego prevé comezar as obras a principios do 2024 e poñer en marcha o novo centro en 2025, xa que os traballos teñen un prazo de 20 meses

12/08/2023 | 14:47 | C. de Economía e Industria

O luns finaliza o prazo de solicitude de axudas da Xunta para dar continuidade ao labor dos centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia

Esta liña de apoios diríxese aos sete centros tecnolóxicos de Galicia e aos dous centros de apoio á innovación tecnolóxica que figuran no rexistro estatal do Ministerio de Ciencia e Innovación e que son un referente en España pola súa especialización, posicionamento e competitividade

08/08/2023 | 12:23 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta desenvolve tecnoloxías de intelixencia artificial que podan axudar na actualización do rexistro de viñedos

As tecnoloxías intelixentes facilitarán a localización de parcelas vitícolas que non teñen viñedos

03/08/2023 | 15:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén destaca as actividades e a implicación da Xunta pola presenza da muller no eido tecnolóxico

Para o delegado territorial trátase de impulsar actividades de mentorado desde idades temperás dirixidas ás rapazas, para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM

03/08/2023 | 15:15 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta autoriza a contratación das obras do Centro de ciberseguridade de Galicia, en San Cibrao das Viñas, cun investimento de máis de 6 M€

Resalta que o obxectivo é “fortalecer a ciberseguridade na administración pública, a cidadanía e as empresas” e “promover o desenvolvemento de proxectos innovadores e de I+D neste eido”

28/07/2023 | 13:01 | C. de Facenda e Administración Pública

A porcentaxe de fogares galegos con internet volveu a crecer en 2022 ata alcanzar o 92,7%

A velocidade de conexión supera os 100 Mbps no 45,4% dos fogares galegos con internet, o que significou un aumento do 51,3% no último ano.

18/07/2023 | 18:01 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta mantén unha xuntanza cos empresarios de Redondela sobre as axudas para a promoción da dixitalización no sector turístico

O director xeral de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, resaltou que na actualidade, a dixitalización é clave para garantir a competitividade e a sustentabilidade do sector turístico