Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.955 novas da área temática Mar:

13/12/2025 | 13:03 | C. do Mar

Belén do Campo destaca no mercado de Elviña a importancia de promover o consumo de peixe e marisco fresco galego

A delegada da Xunta asistiu á hoxe á xornada dentro da programación do selo “Peixe da Lonxa da Coruña” organizada pola Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social (FREMSS) e á degustación de produtos da lonxa herculina coa participación da Escola de Hostalería “Álvaro Cunqueiro”

12/12/2025 | 17:14 | C. do Mar

Villaverde amosa a súa preocupación pola última proposta de Tacs e Cotas

Lamenta que o documento de compromiso estea baseada na proposta máis restrictiva feita polo ICES  e que a CE “peque, unha vez máis, dun enfoque medioambientalista”, obviando os informes socioeconómicos

12/12/2025 | 12:49 | C. do Mar

A Xunta promove o turismo mariñeiro co proxecto `Mar e Rías`

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro participou na presentación desta iniciativa impulsada polo Goberno galego e coordinada polo GALP Ría de Pontevedra

11/12/2025 | 20:06 | C. do Mar

Villaverde entrega ao comisario de pesca os informes da USC que avalan o rexeitamento de Galicia á proposta de recortes nos TACs pesqueiros

A conselleira continuou co vicepresidente de Mar e Litoral de Bretaña, Danieal Cueff, a rolda de contactos que está a levar a cabo no marco do Consello de ministros Agrifish

11/12/2025 | 20:03 | C. do Mar

A Xunta salienta o papel das mulleres no sector marítimo-pesqueiro no `III Día do Orgullo Mariñeiro´ de Burela

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, participou na mesa A muller e o mar, destacando o avance feminino na pesca e acuicultura

11/12/2025 | 17:02 | C. do Mar

Villaverde pide en Bruxelas que, como mínimo, se manteñan as cotas de xarda e lirio fixadas para este ano

Rexeita os recortes propostos polo ICES para estas especies e o abadexo, tildándoos de “inadmisibles para a nosa frota”

11/12/2025 | 16:46 | C. do Mar

A Xunta defende no Parlamento o traballo técnico e o investimento destinado á recuperación dos bancos marisqueiros de Camariñas

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro subliña que se actuou “desde o minuto un” tras detectarse a baixada produtiva e que todas as medidas se adoptaron con base en estudos científicos

11/12/2025 | 16:05 | C. do Mar

O presidente de Portos de Galicia destaca os 15.000 empregos que derivan de Jealsa como garantía do seu interese estratéxico

O grupo empresarial poderá manter a súa actividade no peirao de Bodión, en Boiro, ata o ano 2067