Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.882 novas da área temática Educación:

30/09/2026 | 20:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e as tres universidades traballan de xeito conxunto para introducir axustes técnicos na lei galega derivados do actual marco normativo estatal

O conselleiro de Educación reuniuse cos tres equipos reitorais para analizar os cambios que se prevén incluír na Lei de medidas que acompañará aos Orzamentos

30/09/2026 | 15:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación contará coa colaboración da asociación de docentes de matemáticas para definir o novo programa de reforzo desta materia en primaria

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa reúnese con Agapema para traballar no deseño do Avanza Matemáticas, unha das liñas que se inclúe no novo Marco galego para o impulso educativo

30/09/2026 | 14:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a rehabilitación do IES Lucus Augusti como unha obra fundamental para o futuro do instituto máis antigo de Galicia

Sinala a complexidade desta intervención polo valor patrimonial do edificio no que se atopa o centro e a necesidade de adaptalo ás necesidades educativas actuais

29/09/2026 | 18:12 | C. de Sanidade
29/09/2026 | 13:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a relevancia da formación a distancia para compatibilizar os estudos coa conciliación da vida laboral e familiar

Salienta o éxito dos novos másteres de FP do instituto compostelán para afondar na formación en intelixencia artificial e novas tecnoloxías

29/09/2026 | 12:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación colabora coa Asociación Galega de corredores de seguros na primeira FP Dual Intensiva de Alta Especialización de administración e finanzas

O conselleiro de Educación, Ciencia e Universidades, Román Rodríguez, e o presidente da entidade, Pablo Lariño, avalían a posta en marcha desta formación, con 30 matriculados no Instituto Ricardo Mella de Vigo neste curso 2026/27

27/09/2026 | 10:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 686 estudantes de Bacharelato e FP gozan dunha praza gratuíta ou bonificada nos centros residenciais de educación neste curso

A Consellería vén de publicar as listaxes definitivas de admitidos nestes centros, que facilitan a residencia fóra do seu fogar ao alumnado

26/09/2026 | 14:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licita por 1,2 M€ a rehabilitación integral do Colexio Camiño de Santiago, no Pino

Tal e como comprometera o conselleiro no verán, renovarase por completo a envolvente dos edificios, acadando un aforro enerxético e de emisións dun 30%

25/09/2026 | 13:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Alumnos do CIFP As Mercedes e do IES Sanxillao formaranse no Parque de Bombeiros, na Praza de Abastos e no Mercado Municipal de Lugo

O obxectivo é achegar os estudantes a contornas reais de traballo co complemento da experiencia das persoas que traballan nestas instalacións