Actualidad
Buscador de noticias
A Xunta licita as obras de 79 novas vivendas de promoción pública en Ames, cun investimento de 14,7M€
O inmoble da rúa Agriños terá 5 plantas e áticos, con fogares de 2, 3 e 4 dormitorios que terán eficiencia enerxética A
A Xunta adxudica por preto de 380.000 euros as obras de humanización da rúa Vázquez Estévez, en Arbo
A actuación enmárcanse no Plan Hurbe e permitirá gañar espazo para os peóns, mellorar a accesibilidade e reforzar a seguridade viaria
Belén do Campo supervisa o avance das obras de rehabilitación integral do CIFP Ánxel Casal nas que a Xunta inviste preto de 2,5M€
As obras continúan a bo ritmo e están nun grao de execución do 23% cun investimento certificado de case 600.000€ coa previsión de que rematen antes de finais de ano
A Xunta apoia a actividade da ONG Mestura coa financiación do seu centro de día de inclusión social
O Goberno galego achegou preto de 150.000 para a adquisición do inmoble, que permite á entidade consolidar os seus servizos de atención ás persoas usuarias
Martina Aneiros comproba os avances nas obras de mellora do centro de día de maiores de Caranza
A delegada da Xunta en Ferrol visitou hoxe o centro onde se están a levar a cabo as actuacións ao abeiro do plan de mellora de centros de maiores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Villares destaca a aposta da Xunta pola Atención Primaria, con novas infraestruturas e medidas organizativas
O delegado territorial de Lugo visitou hoxe a parcela na que se construirá o novo centro de saúde de Becerreá e indicou que se traballa na elaboración do proxecto
A Xunta licita por máis de 820.000 euros as obras da senda na LU-234 ao seu paso por Ombreiro, no Concello de Lugo
Executarase nas marxes desta vía un itinerario de algo máis de 1,2 quilómetros de lonxitude de uso compartido peonil-ciclista entre a Ponte e Riazón, fomentando a mobilidade sustentable e mellorando a seguridade viaria
A Xunta inviste preto de 1,5 M€ na renovación do firme da estrada LU-115, que conecta Outeiro de Rei e Castro Ribeiras de Lea
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, comprobou o inicio dos traballos, que se executarán nos 11 quilómetros de lonxitude da vía