Actualidade
Buscador de novas
A Xunta salienta o papel da Unidade Especializada de Axentes Medioambientais para velar pola protección e conservación do patrimonio natural
Marisol Díaz sinalou que este equipo abordará determinadas materias que, pola súa complexidade e carga de traballo, requiren unha especial dedicación, coñecementos específicos e habilidades e competencias particulares
A Xunta celebra o Día dos Museos con máis dunha trintena de propostas nos seus equipamentos
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude desenvolve esta programación en 11 espazos poñéndoos en valor como lugares de aprendizaxe cultural e convivencia
López Campos enxalza a “paisaxe cultural única” da Ribeira Sacra como “valor clave” para conseguir o recoñecemento de Patrimonio Mundial da Unesco
Salienta os “atributos excepcionais” deste territorio construído co uso da auga, “que aínda non está presente de xeito suficiente na listaxe de bens con esta distinción"
A Xunta colabora na segunda campaña arqueolóxica nas Cíes que confirma a ocupación do Castro das Hortas desde a época castrexa ata a Idade Media
Grazas aos traballos desenvolvidos nas últimas semanas, o Grupo de Estudos en Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo constata a presenza dun importante asentamento humano previo á chegada dos romanos ás illas
Villaverde salienta na XXVIII Festa da Troita de Oroso as propiedades deste produto e o valor que ten para Galicia
A Consellería do Mar colabora co evento, que reforza a actividade pesqueira desta especie e que, no último ano, acadou unha facturación próxima aos 12 M€
A Xunta impulsa unha campaña subacuática en Corme para investigar os restos dun pecio
A intervención arqueolóxica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Policía Nacional Adscrita a Galicia, busca documentar os elementos localizados na praia da Arnela
A Xunta únese á Fundación Santa María la Real para divulgar o románico de Galicia con seminarios, cursos en liña e programas de pódcast
O director xeral de Patrimonio Cultural considera estas iniciativas unha “valiosa ferramenta” para achegarlle á cidadanía “a riqueza destes bens patrimoniais”
A Xunta destina 15.000 euros ao acondicionamento do muíño de Ponte Carballa, no concello de Frades
Ángeles Vázquez explica que esta actuación se acometeu a través dunha axuda da liña de apoios a concellos para a execución de actuacións de conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural en Rede Natura 2000
Rueda destaca a importancia de preservar o patrimonio cultural e documental como parte da identidade de Galicia
Valora que a Fundación pública Camilo José Cela acordase a cesión destes dous documentos, de grande importancia para a historia da vila coruñesa