Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.072 novas da área temática Territorio:

28/08/2026 | 16:44 | Axencia de Turismo de Galicia

O Festival de la Luz reúne en Boimorto co apoio de Concertos do Xacobeo grandes figuras da música actual

A cita celebra desde hoxe e ata o domingo o seu 15º aniversario na contorna natal de Luz Casal cunha programación que reúne máis de 30 horas de música en directo

26/08/2026 | 13:02 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade sinala a planificación, o investimento, a innovación e os profesionais como elementos clave para garantir a equidade na atención ante os retos do envellecemento e a dispersión da poboación

Salienta que Galicia representa unha contorna socio demográfica idónea para avaliar a sanidade do futuro e que a equidade territorial non só consiste en dispoñer dos mesmos recursos en todos os lugares, senón en adaptar eses recursos ás necesidades reais de cada territorio

22/08/2026 | 13:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de mellora do firme na estrada AC-841, en Pontevea, farán necesarios desvíos de tráfico na AG-59 durante a noite do luns 24

Para executar as obras na intersección desta vía coa AC-241 será necesario o peche do último treito da AG-59, dende as 20 horas do luns ata as 7 h. do martes

21/08/2026 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca as axudas para as áreas de rehabilitación dos Camiños de Santiago e da Ribeira Sacra para 2026, cun investimento de máis de 2,8 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta convocatoria, que establece para a ARI dos Camiños unha dotación de 2.030.000€, e na Ribeira Sacra, de 800.000€

19/08/2026 | 13:22 | C. de Política Social e Igualdade

Manuel Pardo lembra que a Xunta ten aberto a orde de axudas para ampliar a Rede de Casas do Maior nos concellos rurais

O delegado destacou que na orde anterior a Consellería de Política Social e Igualdade destinou máis de 306.000 euros para a creación de seis casas do maior co obxectivo de reforzar a rede de proximidade e dotar de servizos ás zonas rurais na provincia de Ourense

18/08/2026 | 11:32 | C. do Mar

A Xunta destaca no Vicedo o seu compromiso por garantir o subministro de semente ao sector marisqueiro para a recuperación dos bancos

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, visitou as instalacións do criadoiro de moluscos bivalvos dirixido polo persoal científico do CIMA

16/08/2026 | 09:27 | C. do Medio Rural

Bombeiros forestais vascos fórmanse este verán en Galicia nun intercambio co dispositivo contra incendios da Xunta

O director xeral de Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural recibiu un grupo de profesionais da Deputación de Bizkaia no Centro de Coordinación Central de Santiago de Compostela

15/08/2026 | 11:23 | C. do Medio Rural

Medio Rural leva a Ribeira o Mercado de Verán da calidade diferenciada coa participación de 30 operadores galegos

O Malecón acollerá do 21 ao 23 de agosto este mercado, no que estarán representadas diferentes producións amparadas por denominacións de orixe, indicacións xeográficas protexidas, Agricultura Ecolóxica e Artesanía Alimentaria

15/08/2026 | 10:46 | Axencia de Turismo de Galicia

Concertos do Xacobeo encara o segundo semestre do ano cunha ampla programación musical para atraer visitantes máis aló do verán

Os eventos previstos para os seguintes meses de 2026 reforzarán a aposta por unha oferta musical distribuída ao longo de todo o ano, con presenza de artistas nacionais, internacionais e galegos

14/08/2026 | 17:06 | C. de Sanidade

A Xunta activa este sábado a alerta vermella por episodio de calor na zona do interior de Pontevedra

As zonas de Miño de Ourense, montaña de Ourense, Rías Baixas e Valdeorras estarán en alerta laranxa