Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 443 novas da área temática Urbanismo:

19/05/2026 | 13:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia con 36.000 euros a mellora da accesibilidade do multiusos de Covelo e a creación dunha marquesiña na súa terraza

A subvención encádrase na liña de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público da dirección xeral de Administración Local e beneficiou a 18 concellos da provincia de Pontevedra cun importe total de máis de 662.000 euros

14/05/2026 | 13:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue supervisa as obras na rúa Rubalcava de Ferrol, que forman parte do plan de Rexeneración Urbana da Cidade, ao que a Xunta destina 9M€

A renovación da rúa Rubalcava é un dos proxectos destacados dentro do conxunto de actuacións da Rexeneración Urbana de Ferrol e permitirá a transformación integral do viario cara a revitalización da contorna

08/05/2026 | 15:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en valor a nova orde para rehabilitar vivendas destinadas a traballadores co obxectivo de cubrir vacantes e fixar poboación no rural

González salienta que nos vindeiros días se publica esta medida de Emprego e Vivenda (1,5 M€) destinada ao alugueiro ou cesión de uso de vivendas en concellos de menos de 20.000 habitantes para persoas contratadas por empresas galegas

07/05/2026 | 17:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
06/05/2026 | 13:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o Plan Básico Municipal de San Xoán de Río, que dota ao concello dun instrumento eficaz que garante o desenvolvemento ordenado no concello

A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, informou hoxe ao alcalde, José Miguel Pérez, da aprobación definitiva deste instrumento que permitirá ao  municipio ofrecer capacidade de acollida residencial e económica acorde ao seu desenvolvemento

02/05/2026 | 09:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta conclúe os traballos da nova sinalización semafórica da Ponte Esperela, en Leiro

A nova sinalización completa os traballos de nova iluminación ornamental que a Xunta levou a cabo nesta ponte, cun investimento de 360.000 €

22/04/2026 | 14:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Manuel Pardo lembra que a Xunta ten aberto o prazo da convocatoria de axudas para melloras nas infraestruturas municipais, dotada con 3,5 M€

O delegado territorial explicou que a través desta convocatoria, dirixida aos concellos de menos de 30.000 habitantes e cuxo prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 4 de maio, apoiase a execución de obras nas dependencias municipais, en prazas, parques, paseos e rúas, en redes de luz pública e na pavimentación de camiños municipais, entre outras

21/04/2026 | 17:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
18/04/2026 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Xunta e Concello de Poio asinan o convenio para a mellora do estacionamento público na contorna da Ponte da Barca, cun investimento de case 230.000 €

A través do acordo asinado hoxe, abordarase unha intervención de conservación e mellora no estacionamento e viarios adxacentes, para reforzar o papel deste espazo como nó de conexión comercial e urbano, mellorar a experiencia de uso da cidadanía e optimizar a capacidade dos pavimentos