Actualidade
Buscador de novas
A Xunta inicia as obras de mellora do saneamento de Ver e de Boebre, no concello de Pontedeume, que supoñen un investimento de máis de 955.000 €
Os traballos están a comezarse pola execución da gabia da tubaxe de impulsión do bombeo da praia de Ver
A Xunta adxudica as obras para a instalación de enerxía solar fotovoltaica na depuradora de Ortigueira
Esta actuación, adxudicada por preto de 45.000 €, comprende a redacción do proxecto, dirección de obra e unha instalación fotovoltaica de 45kWp para autoconsumo
A Xunta remata as obras de mellora do servizo de saneamento municipal en varios núcleos do concello de Muíños tras un investimento de 255.000 euros
Modernizáronse os sistema de tratamento das augas residuais dos núcleos de Muíños e do Barrio e realizáronse reparacións nas depuradoras do Parque e de Pazos
A Xunta aposta pola colaboración con asociacións de veciños e de mulleres rurais e comunidades de usuarios de auga para consolidar o movemento veciñal
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, reuniuse con representantes da asociación de veciños As Regas do Carballido, en Lugo, onde puxo en valor o traballo destas entidades a prol da dinamización da vida local
A Xunta adxudica as obras para a instalación de enerxía solar fotovoltaica na depuradora de Vilaboa
Os traballos, adxudicados por preto de 27.000 €, incluirán a redacción do proxecto, dirección de obra e unha instalación fotovoltaica de 45kWp para autoconsumo
A Xunta reitéralle ao Concello de Ponteareas a solicitude da documentación municipal necesaria para as obras da 1ª fase do saneamento de Ribadetea
O Goberno galego pide novamente á administración local que traslade a documentación necesaria para poder colaborar co Concello na execución destas obras, de responsabilidade municipal
A Xunta mobiliza un investimento de preto de 35 M€ para mellorar o sistema de saneamento de Vilagarcía de Arousa e atallar vertidos á ría e inundacións
Teresa Gutiérrez destaca o investimento autonómico en execución de máis de 10 M€ para acometer dous tanques de tormentas e renovar o tramo da rede de saneamento na marxe esquerda do río Con
A Xunta recibe 5 ofertas para executar as obras para reducir o risco de inundación no río Viladesuso, en Oia, que suporán un investimento de máis de 342.000 euros
A intervención ten como obxectivo incrementar a sección hidráulica na zona da ponte da Serra Seca e a protección do leito do río fronte á erosión
A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais nunha instalación industrial do concello de Caldas de Reis
Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, xunto coa Gardería Fluvial de Augas de Galicia, detectaron este foco nunha inspección rutineira de control
Augas de Galicia de Galicia requiriulle aos responsables da instalación a adopción das medidas correctoras oportunas, verificando recentemente o cese da contaminación, logo da instalación dun novo sistema de tratamento