Actualidade
Buscador de novas
A Alianza Industrial do Hidróxeno Verde é a auténtica declaración de intencións que demostra que Galicia quere ser un referente no desenvolvemento deste vector enerxético
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asinou esta mañá en Oleiros un acordo coa Asociación Galega do Hidróxeno para que exerza como oficina técnica
A Xunta destaca o potencial de Galicia no desenvolvemento de enerxías renovables e as oportunidades no eido industrial
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá na Coruña nun almorzo coloquio con Nordés Club Empresarial no que lembrou que segue aberto o prazo para achegar suxestións ao anteproxecto de Lei de recursos naturais
A Xunta adxudica as obras para a instalación de enerxía solar fotovoltaica na estación depuradora de augas residuais de Tomiño
Esta actuación, adxudicada por preto de 45.000 €, comprende a redacción do proxecto, dirección de obra e unha instalación fotovoltaica de 45 kWp para autoconsumo
A Xunta destaca o compromiso de Magnesitas de Rubián coa eficiencia enerxética e a sustentabilidade
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou no Incio as instalacións da compañía, da que dependen 60 empregos directos e indirectos
A Xunta mantén aberta a convocatoria para acceder ás axudas de planificación de comunidades enerxéticas
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, reuniuse con representantes da comunidade enerxética local Moaña Solar para coñecer os avances no seu proxecto
A Futura Lei de recursos naturais impulsada pola Xunta de Galicia inclúe unha ánalise integral dos efectos e medidas de compensación dos proxectos
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, reuniuse hoxe co Comité Executivo de Desenvolvemento Mineiro do Consello Galego de Economía e Competitividade para informar do anteproxecto de lei
Rueda traslada ao sector que a Xunta poñerá en marcha axudas para impulsar a fabricación de compoñentes para enerxías renovables
Salienta o potencial inmenso de Galicia na eólica mariña, enxalza o papel de Ferrol para liderala e garante ao sector que terá un “apoio decidido, absoluto e claro” do Goberno galego
A Xunta avanza no desenvolvemento da futura Lei de recursos naturais co obxectivo de que naza froito do consenso e a participación
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, reuniuse hoxe co Comité Executivo de Enerxía do Consello Galego de Economía e Competitividade para informar do anteproxecto de lei
A Xunta adxudica as obras para a instalación de enerxía solar fotovoltaica na depuradora de Nigrán
Os traballos, adxudicados por preto de 50.000 €, incluirán a redacción do proxecto, dirección de obra e unha instalación fotovoltaica de 45kWp para autoconsumo
A Xunta destaca a importancia de contar con empresas comprometidas e con capacidade de adaptación como Astilleros Placeres
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá a empresa que, tras o incendio sufrido en 2019, ampliou as instalacións apostando pola sustentabilidade e as enerxías renovables