Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.272 novas da área temática Igualdade:

20/03/2025 | 17:28 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca as iniciativas das residencias de maiores para estimular a actividade cognitiva e previr as demencias

Antón Acevedo sinala que o labor dos profesionais sociosanitarios é fundamental para garantir o envellecemento activo e saudable das persoas que viven en centros residenciais

20/03/2025 | 15:21 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa defende un “deporte plural para todos e para todas” nas xornadas de deporte adaptado de Enki en Pontevedra

O secretario xeral agradeceu o traballo da Fundación Enki que, en 2023, foi recoñecida co Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa

19/03/2025 | 15:55 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor a traxectoria do programa de inserción laboral para mulleres vítimas de violencia de xénero de Aemos

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero destacou que o Executivo autonómico destinou preto de 400.000 euros a esta iniciativa nos últimos cinco anos

19/03/2025 | 14:15 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García avanza que o Programa Galicia Investiga Igualdade permitirá impulsar carreiras científicas en materia de xénero

A conselleira explica que esta iniciativa da Xunta consiste nunha convocatoria de contratos predoutorais para estudantes nas universidades galegas, que estará dotada con 300.000€ e permitirá apoiar dez contratos

19/03/2025 | 12:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta ve no Campus en liña de igualdade laboral unha ferramenta formativa clave para promover a equidade entre mulleres e homes

Esta plataforma online conta cunhas 8.000 persoas adheridas e nela lévanse realizado 95 accións formativas entre o 2021 e 2024 ás que se sumarán 26 que se impartirán neste primeiro semestre ata superar as 120 en xuño deste ano desde o seu nacemento

16/03/2025 | 17:58 | C. de Política Social e Igualdade

Martina Aneiros pon en valor as políticas da Xunta para avanzar na redución da fenda de xénero durante unha mesa redonda sobre emprendemento feminino

A delegada territorial participou esta tarde nunha xornada sobre autocoidado para emprendedoras organizada pola asociación Mulleres Ártabras

15/03/2025 | 14:38 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre o prazo de matrícula para as escolas infantís públicas autonómicas

Fabiola García sinala que os pais e nais poderán solicitar unha das máis de 10.500 prazas ofertadas ata o vindeiro 4 de abril

15/03/2025 | 13:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia con 123.000€ o novo Punto de Atención á Infancia de Rois que abrirá as súas portas o vindeiro curso

Fabiola García puido comprobar o bo avance da actuación, que está xa practicamente rematada e que contará con 20 prazas gratuítas para nenos e nenas de 0 a 3 anos

15/03/2025 | 11:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o papel dos profesionais da logopedia nos equipos de atención temperá

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou no acto conmemorativo do Día Europeo da Logopedia