Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.195 novas da área temática Cultura:

18/02/2026 | 11:34 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta pon en marcha a 13ª edición de ‘Galicia Escena PRO’ para reunir o sector escénico do 25 ao 28 de maio

Ábrese ata o 27 de febreiro o prazo de inscrición para que as compañías profesionais presenten as súas propostas de teatro, danza, circo ou maxia

16/02/2026 | 13:20 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta reforza os lazos coa lusofonía co Festival Converxencias que programa 16 actividades culturais entre Galicia e Portugal ata o 15 de marzo

As propostas abranguen teatro, cine e poesía repartidas pola localidade portuguesa de Braga e as galegas de Santiago de Compostela, A Estrada, Padrón e Ponteareas

15/02/2026 | 14:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Emprego, Comercio e Emigración
15/02/2026 | 10:39 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta inaugura a finais de febreiro no Gaiás unha exposición que percorre 125 anos de arte galega a través dunha creativa montaxe sensorial

‘As estacións do ano’ xoga coa temperatura, as cores, texturas e os sons asociados á primavera, o verán, o outono e o inverno para construír un itinerario que pon o foco no valor emocional e simbólico da experiencia artística

14/02/2026 | 10:06 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta ofrece preto de 700 prazas en cursos de inglés e portugués para mellorar as competencias profesionais da mocidade

As propostas formativas desenvólvense no marco do proxecto transfronteirizo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal ‘Desafíos jovens’

13/02/2026 | 18:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima a concellos, entidades e particulares a solicitar as axudas para a preservación e mellora do patrimonio natural e cultural nos espazos protexidos

Ángeles Vázquez explica que o fin último destes apoios é preservar a biodiversidade, potenciar os servizos ecosistémicos e conservar os hábitats, paisaxes e elementos patrimoniais tradicionais existentes na contorna

12/02/2026 | 13:51 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta investirá preto de 195.00 euros nas obras de mellora da capela de San Mauro, na Arnoia

O delegado territorial explicou que con esta actuación pretenderase resolver os problemas de estanquidade da cuberta e as afeccións producidas á súa estrutura de soporte de madeira, e de infiltracións de auga por capilaridade na zona da ábsida;  solucionar a ausencia de ventilación da igrexa; e mellorar a accesibilidade do acceso principal

12/02/2026 | 13:21 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo destaca a celebración do ‘Ano Castelao’ “como un punto de inflexión” no recoñecemento ao intelectual

Incide en que o Goberno galego “cumpriu os obxectivos, divulgando as achegas culturais, políticas e lingüísticas do persoeiro, sobre todo entre as novas xeracións”