Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 710 novas da área temática Lingua:

29/05/2024 | 13:11 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos garante no Parlamento o compromiso da Xunta co fortalecemento dos vínculos lusófonos

Anuncia un convenio co Instituto Camões para poder acreditar o nivel de coñecemento de portugués nos centros educativos de Galicia

27/05/2024 | 17:59 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta colabora co regreso da Selección Galega de Fútbol este venres en Balaídos fronte a Panamá

O Goberno galego promoverá o uso da lingua nesta cita con accións complementarias e a actuación de Tanxugueiras, que interpretarán o himno 

23/05/2024 | 15:38 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O XXXVIII Premio Literario San Clemente impulsado co apoio da Xunta contará con nove finalistas

A categoría en lingua galega decidirase entre Hotel Carioca, de Antón Riveiro Coello; Diario de dúas casas, de María Villamarín de Euseino? Editores; e O ano das mazás, de Montse Ferreira Fervenza

17/05/2024 | 13:16 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude
16/05/2024 | 16:40 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta centra a celebración do Día das Letras Galegas na Coruña, cidade da homenaxeada Luísa Villalta

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participa hoxe no acto académico da USC e mañá, 17 de maio, na axenda institucional da cidade herculina cunha exposición ao redor da autora e cun acto aberto á cidadanía 

16/05/2024 | 13:22 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Biblioteca de Galicia celebra as Letras Galegas cunha mostra bibliográfica que repasa a obra poética e narrativa da escritora coruñesa Luísa Villalta

A exposición Luísa Villata, a memoria dos sons reúne publicacións periódicas, libros, poemas, documentos, fotografías e CDs para repasar a traxectoria da escritora

16/05/2024 | 13:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

Emigración celebra o Día das Letras Galegas cun contacontos dedicado a Luísa Villalta

A maiores, a Secretaría Xeral tamén subirá de xeito gratuíto a súa web o libro ilustrado na que se narra a vida da homenaxeada nesta data

15/05/2024 | 18:51 | C. de Sanidade; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e a Consellería de Cultura agasallan cun libro aos doantes co gallo do Día das Letras Galegas

As persoas que acudan a doar na véspera da xornada festiva, recibirán este obsequio especial co que conmemorar esta xornada, que este ano lembra a figura da escritora coruñesa Luisa Villalta

14/05/2024 | 14:40 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos fai un chamamento ao consenso para seguir impulsando e prestixiando o uso do galego

Nas vésperas das Letras Galegas, propón iniciar un camiño de colaboración para proxectar a Galicia cara ao futuro e traballar pola nosa gran riqueza lingüística desde a concordia e con liberdade