Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 718 novas da área temática Cooperación:

07/11/2024 | 14:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

María M. Allegue destaca a aposta da Xunta polo uso das técnicas industrializadas na construción de vivenda pública sostible e de calidade

A conselleira incide no traballo que está a desenvolver o Goberno galego no reto desta lexislatura para duplicar o parque de vivenda pública ata as 4.000, e o desenvolvemento de solo para 25.000 máis, das cales 20.000 serán protexidas

07/11/2024 | 13:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aposta pola coordinación entre administracións para implantar novas políticas de Promoción da Igualdade

A directora xeral de Promoción da Igualdade inaugurou o 18º Plenario da rede de políticas de igualdade entre mulleres e homes

06/11/2024 | 09:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Preto dun cento de agrupacións de voluntarios de Protección Civil reciben material da Xunta este ano

Benefícianse da orde para a adxudicación de equipamentos de emerxencias aos concellos de menos de 50.000 habitantes que conten con estes colectivos

05/11/2024 | 12:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta suma o apoio da Asemblea Rexional e Local Euromediterránea ás mostras de solidariedade coas persoas afectadas pola DINA

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou na sesión en Xordania, onde se abordaron cuestións como a axenda estratéxica euromediterránea, a resiliencia hidrográfica, a loita contra o cambio climático e a transición enerxética ou o diálogo intercultural

04/11/2024 | 15:08 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta coordina o envío de douscentos profesionais, case un cento de vehículos e diverso material de emerxencias en apoio ás persoas afectadas pola catástrofe en Valencia

Alfonso Rueda agradece “a solidariedade de todos os galegos e o seu compromiso”, tanto dos cidadáns anónimos como dos profesionais “que voluntariamente se ofreceron” nuns momentos “nos que a súa axuda é especialmente necesaria”

04/11/2024 | 12:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica a orde de axudas para financiar o servizo de comedor das escolas infantís de iniciativa social

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle as bases desta convocatoria, que conta cun orzamento de máis de 1,2 millóns de euros

03/11/2024 | 15:17 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mantén o compromiso co movemento veciñal con 4 M€ en 2025 para axudas ás entidades que o representan

O delegado territorial en Lugo asistiu á XI edición dos premios ‘Crer no movemento veciñal’ da Confederación Galega de Asociacións Veciñais ‘Rosalía de Castro’ (Cogave), na que recolleu o galardón concedido á directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, pola colaboración do Goberno galego co movemento veciñal

02/11/2024 | 17:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta centralizará e coordinará o envío de profesionais e medios de emerxencias en apoio ás persoas afectadas pola Dana en Valencia

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta mañá nunha reunión por videoconferencia con representantes da Delegación do Goberno en Galicia, da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), das catro deputacións provinciais e de servizos operativos de emerxencias para facer reconto dos medios dispoñibles