Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.189 novas da área temática Cultura:

06/02/2026 | 13:11 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos convida á cidadanía a coñecer no CGAC a exposición que representou a España na Bienal de Arquitectura de Venecia

O museo da Xunta inicia a súa programación de 2026 tras ser elixido como insignia da cultura galega pola Fundación Contemporánea

05/02/2026 | 19:53 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos erixe a traxectoria artística de Raúl Velloso como exemplo da arte galega que se proxecta ao mundo “innovando e arriscando desde a tradición”

O representante do Goberno galego salienta que o autor representa “a Galicia calidade, na que a apertura creativa non oculta a orixe e as raíces na se inspira”

05/02/2026 | 18:00 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos agarda “continuar acompañando á xuventude" coa convocatoria o luns da segunda edición do Bono Emancípate

A Xunta aumenta nun millón de euros, ata os 3 M€, o orzamento destinado a este programa cuxas bases se publican no Diario Oficial de Galicia o 10 de febreiro 

05/02/2026 | 17:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta colaborará con Luar na Lubre na xira do seu 40º aniversario para achegar a música do grupo á comunidade galega da Arxentina, Uruguai e Chile

José González puxo en valor a traxectoria da formación e indicou que a xira supón unha oportunidade relevante para fortalecer os lazos coa diáspora, conectar con novos públicos e consolidar a imaxe de Galicia como unha terra referente

05/02/2026 | 13:04 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta e Agadea convocan o V Premio de Literatura Infantil ‘Simbad para o Recordo e o Alzhéimer’

O secretario xeral da Lingua salienta “o papel e forza da literatura para acadar a través do afecto unha conexión interxeracional e coa nosa lingua”

05/02/2026 | 12:21 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta cofinancia 24 citas escénicas e musicais da programación cultural de Vigo no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios

O Auditorio Municipal da cidade olívica abre mañá carteleira con ‘Brazaletes’, de Amorodio Teatro, primeira actividade dunha oferta con 15 propostas teatrais, tres de danza, tres musicais, dúas de novo circo e unha de maxia

05/02/2026 | 12:05 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta recibiu 2.142 expedientes desde a modificación da Lei de patrimonio cultural, 282 menos que no mesmo período do pasado ano

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude atribúe esta redución a trámites que xa poden ser resoltos por concellos e particulares, grazas aos cambios na normativa

05/02/2026 | 10:46 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta publica o decreto que regula a creación, modificación e disolución dos centros museísticos de Galicia

A norma, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia, desenvolve a Lei de Museos aprobada en 2021 que dotou o sector dun marco xurídico e dunha identidade propia