Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.518 novas da área temática Emprego:

21/09/2025 | 11:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsará a próxima semana en Estados Unidos os lazos coa comunidade galega deste país e as medidas de apoio ao retorno

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitará Miami o vindeiro 24 de setembro, onde se reunirá con persoas da colectividade galega e de empresas galegas radicadas en EEUU

20/09/2025 | 21:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o compromiso de Atave coa formación como ferramenta clave para a retención de talento e a remuda xeracional das empresas do sector

José González destacou a colaboración con esta entidade na execución de accións formativas para persoas desempregadas (AFD), subliñando que a asociación empresarial é tamén centro formativo acreditado

20/09/2025 | 15:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Compostela a comercialización de Artesanía de Galicia e de Artesanía Alimentaria a través do mercado ‘Artesanamente’

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse ata a sede de Afundación, onde se celebra ata mañá este evento no que participan 25 obradoiros de Artesanía de Galicia e 23 empresas amparadas polo selo Artesanía Alimentaria

20/09/2025 | 14:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo a aposta da 12ª ‘Pont-Up Store’ polo emprendemento innovador ligado ao territorio

José González destacou as 40 iniciativas que participan nesta edición da feira para presentar as súas ideas de negocio, que botan man da Intelixencia Artificial, da innovación aplicada a sectores como o agroalimentario ou da artesanía

19/09/2025 | 15:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promove as novas vocacións emprendedoras no sector musical no marco dunha nova edición do ‘Pont-Up Store’

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta mañá na inauguración da 12ª edición desta feira de emprendemento pontevedresa, apoiada pola Xunta de Galicia

19/09/2025 | 13:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta enxalza o 25º Encontro internacional de Torneiros da madeira de Xermade polo seu papel na posta en valor e recuperación deste oficio artesán

José González agradeceu á Asociación de amigos da madeira a organización deste evento que o Goberno galego leva apoiando desde o seu inicio, así como ao Concello de Xermade, impulsor da recuperación da antiga reitoría nun centro de tornaría 

18/09/2025 | 13:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca que o Retorna Cualifica Emprego xa promoveu a contratación dunhas 320 persoas de máis de 20 países en sectores como o agrogandeiro

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego apuntou nun encontro con gandeiros en Arzúa que esta iniciativa, enmarcada na Estratexia Galicia Retorna, busca fomentar o regreso de galegos e galegas e, ao tempo, cubrir vacantes