Actualidade
Buscador de novas
Máis de 600 galegos universitarios do exterior interesáronse por conseguir unha bolsa BEME para estudar un mestrado en Galicia o próximo curso
A Secretaría Xeral da Emigración recibiu solicitudes para estas axudas formativas dende 35 países de tódolos continentes
Emigración inaugura en Lisboa o novo ciclo Mestre Mateo que achega o cine feito en Galicia aos centros galegos do exterior da man da Academia Galega do Audiovisual
Oito centros galegos de América, Europa e resto de España poderán visualizar dende maio a novembro os mellores documentais e películas dos premios do cine galego do mesmo nome
Emigración e Fundación Ronsel colaborarán na formación para acadar a empregabilidade de máis de 300 galegos retornados, tanto por conta allea como no autoemprego
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, firmou hoxe, co re-presentante da Fundación, Luis García Deber, o convenio que permite a posta en marcha do programa de apoio para emprendedores retornados Merlo e para novos obradoiros, cursos e itinerarios individualizados de inserción laboral e coñecemen-to do mercado laboral galego
A Xunta debate no Comité Europeo das Rexións sobre o impacto da desinformación na democracia
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na reunión xunto a institucións rexionais e locais, expertos, diplomáticos e alto funcionariado da OTAN e dos Estados Unidos
Galicia súmase ás iniciativas da UE para celebrar o Ano Europeo das Competencias
A Comisión Europea celebra hoxe o inicio oficial do Ano cun evento híbrido no que se incidirá na necesidade de que as traballadoras e traballadores se formen nas capacidades axeitadas para dar resposta á transformación do mercado de traballo
Emigración e a Federación de Venezolanos de Galicia renovan o seu convenio de colaboración para manter as súas oficinas de información aos retornados
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegáronse ata a sede desta entidade na cidade olívica para asinar o acordo que permite destinar 50.000 euros a esta federación
A Xunta realiza o acto de izado da bandeira da UE para conmemorar o Día de Europa
O acto celebrouse diante da fachada principal das instalacións centrais da Xunta de Galicia en San Caetano
A Xunta abre o prazo para optar a catro bolsas de formación en asuntos relacionados coa Unión Europea
O programa formativo permite realizar prácticas na oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas