Actualidade
Buscador de novas
Continua aberta a convocatoria de Fábrica Intelixente e Sustentable para apoiar proxectos de I+D+i estratéxicos para o tecido industrial galego
Dotada con 24 millóns de euros, prevé mobilizar 70 millóns no desenvolvemento de proxectos ata 2026 que permitan seguir avanzando na transición industrial
A Xunta apoia a contratación de 15 estudantes en empresas e centros tecnolóxicos nos que desenvolverán a súa tese doutoral
As Consellerías de Economía, Industria e Innovación e de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades acaban de convocar a terceira edición do programa de Doutoramentos Industriais
O luns pecha o prazo dos programas Innovapeme e Deseñapeme para impulsar a competitividade das pequenas e medianas empresas galegas
A Xunta aspira a apoiar 60 plans de innovación e deseño con estas axudas e mobilizar 9 millóns de euros
A Xunta destina 400.000 euros a reforzar a actividade investigadora de oito finalistas da convocatoria do Consello Europeo de Investigación (ERC)
Os apoios establécense mediante un convenio entre a Axencia Galega de Innovación, dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, así como as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, e máis a Misión Biolóxica de Galicia e o Instituto de Ciencias do Patrimonio (ambas do CSIC)
A Xunta apoia con máis de 1,5 M€ un total de 85 proxectos de eficiencia enerxética e melloras a bordo dos buques pesqueiros
O Executivo galego destina estas achegas a mellorar a hixiene, a saúde, a seguridade e as condicións de traballo dos profesionais embarcados, así como á eficiencia no consumo de combustibles para mitigar o cambio climático mediante medidas como o cambio de motores, entre outros aspectos
Lorenzana destaca as tres décadas de traxectoria da Tecnópole no impulso a iniciativas empresariais innovadoras
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en San Cibrao das Viñas o Parque Tecnolóxico de Galicia, destacando a súa importancia tanto para o mundo empresarial como para a tecnoloxía e a innovación
A Xunta selecciona nove proxectos de investigación para impulsar a súa chegada ao mercado no marco do Programa Ignicia
Nos vindeiros meses traballarán cos expertos do programa desenvolvido coa Fundación Barrié na concreción do plan de desenvolvemento e comercialización da tecnoloxía
A Xunta abre a convocatoria dos IV Premios Galicia de Innovación e Deseño ata o 2 de outubro
Os galardóns, convocados a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), son un recoñecemento ao esforzo e traxectoria de profesionais e empresas referentes no desenvolvemento económico e social de Galicia a través da innovación e o deseño