Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 530 novas da área temática Patrimonio:

18/03/2023 | 10:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ofrece o luns unha visita comentada á muralla de Lugo sobre os achados e a información que revelaron as últimas intervencións

Arqueólogos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural explicarán os traballos de restauración de varios cubos ou a musealización da galería que atravesa o monumento preto da porta do Bispo Odoario

17/03/2023 | 15:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta o proxecto de rehabilitación e posta en valor da igrexa de San Martiño de Salcedo cun investimento de 280.000€

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado polo arquitecto redactor, Carlos Rosón, deu a coñecer á veciñanza as doce intervencións previstas e anunciou a intención de contratar as obras antes de que remate o ano

14/03/2023 | 13:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

Fernández-Tapias destaca o impulso do Camiño Portugués da Costa e a súa influencia como recurso turístico, cultural e patrimonial para Vigo

A delegada da Xunta en Vigo participou este martes na presentación dos resultados do proxecto de cooperación transfronteiriza “Facendo Caminho”

08/03/2023 | 13:24 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na inauguración do II Encontro de xestores de itinerarios culturais do Consello de Europa en España celebrado en Santiago

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, puxo en valor a importancia deste tipo de turismo como base para poñer en valor e preservar o patrimonio artístico e cultural

03/03/2023 | 12:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez celebra o avance na restauración da catedral de Ourense logo de investir 2,7 M€ e anuncia para abril o inicio dos traballos no ciborio

A actuación que está a piques de rematar na fachada occidental permite mellorar a conservación, solucionar os problemas de humidade e realzar a contemplación do Pórtico do Paraíso grazas a unha nova iluminación
 

02/03/2023 | 15:20 | A Presidencia da Xunta

A Xunta vai recorrer contra a decisión do Goberno central de oficializar o topónimo Ría do Eo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid

Rueda explica que se presenta para que só sexa oficial a denominación ‘Ría de Ribadeo’, “o topónimo que se empregou sempre historicamente”

02/03/2023 | 14:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os traballos da Xunta en San Xoán de Camba apuntan á existencia dunha torre medieval e un xacemento romano

O resultado da actuación de documentación e limpeza no antigo mosteiro de Castro Caldelas serán amosados o sábado nunha visita guiada

02/03/2023 | 13:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Patrimonio Cultural autoriza a iluminación exterior da Cidade da Xustiza de Vigo

A Dirección Xeral comunica ao Instituto Enerxético de Galicia o informe favorable para a luz ornamental da torre, da fachada posterior e da praza peonil

01/03/2023 | 12:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Patrimonio Cultural autoriza a urbanización do Polígono 1 do Plan parcial de San Paio de Navia

A Dirección Xeral comunica ao Concello de Vigo o informe favorable para avanzar no desenvolvemento urbanístico do barrio