Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.013 novas da área temática Vivenda:

25/03/2025 | 15:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
24/03/2025 | 17:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para a redacción dos proxectos para a construción de 44 vivendas de promoción pública en San Paio de Navia, Vigo

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitou por máis de 411.000€ a redacción dos proxectos e dirección de obra para dous edificios de 20 e 24 vivendas na parcelas MIIIB16 e MIIIB18, no polígono 2 de Navia

21/03/2025 | 15:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta resolve en 21 días a concesión de 424 axudas do Bono Alugueiro Mocidade por un importe de máis de 2,4 M€

O traballo intenso dos técnicos do IGVS está a permitir a axilización na tramitación destas axudas en tempo récord, toda vez que o prazo de presentación se abriu o pasado día 28 de febreiro, e aínda permanecerá aberto ata o próximo venres día 28

21/03/2025 | 13:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue cualifica de exemplar o traballo da Veiga en materia de vivenda, modelo de cooperación entre a Xunta e a administración local

Allegue destaca o papel das pequenas corporacións do rural galego, que “grazas a esforzo e tenacidade”, marcan a diferencia para a veciñanza

21/03/2025 | 13:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo anima a solicitar axudas de accesibilidade, cun orzamento de 5,3 M€

As subvencións poderán solicitarse ata o 28 de abril na web do Instituto Galego da Vivenda e Solo e dirixiranse a propietarios e a comunidades

21/03/2025 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue destaca o papel dos concellos rurais na creación de vivenda co apoio da Xunta, a través da achegas á rehabilitación de edificios de titularidade municipal

Allegue pon en valor o traballo e “esforzo dos alcaldes de localidades de poucos habitantes, que grazas a unha boa xestión, acadan grandes resultados”

21/03/2025 | 12:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de decreto que regulará as Entidades de Certificación de Conformidade Municipal

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de publicar no portal de transparencia da Xunta o proxecto de decreto polo que se regulan as ECCOM na Comunidade Autónoma de Galicia e o seu rexistro

19/03/2025 | 14:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 4,3 M€ as obras para a urbanización do PS-6, o sector autonómico das antigas instalacións da ETEA en Vigo

O contrato asinarase nas vindeiras semanas e as obras iniciarase, previsiblemente, ao longo do mes de maio, cun prazo de execución estimado de 15 meses

19/03/2025 | 12:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG a oferta de emprego público para a cobertura de 8 prazas na Sociedade de Vivenda Pública de Galicia

Trátase da convocatoria do proceso selectivo incluído na oferta de emprego público 2024 da Xunta, para a cobertura dos postos de catro arquitectos, 1 deles pola quenda de discapacidade; dous técnicos xurídicos e dous administrativos

19/03/2025 | 12:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa a nova convocatoria de axudas de accesibilidade, cun orzamento de 5,3 M€, que permitirá acometer adaptacións en 750 vivendas en Galicia

As subvencións poderán solicitarse dende o vindeiro xoves ata o 28 de abril na web do Instituto Galego da Vivenda e Solo e dirixiranse a propietarios e a comunidades