Actualidade
Buscador de novas
A Xunta defende ante a Unión Europea as propostas acordadas coas comunidades autónomas en materia de participación da xuventude
Entre as medidas contempladas no acordo atópase: un maior coñecemento por parte da mocidade das institucións europeas, o fomento do intercambio cultural e unha maior atención a temas que afectan especialmente á xuventude como é a saúde mental
Lete Lasa destaca o momento histórico do deporte base galego cun Xogade que medra en participación, orzamento, oferta, inclusión e igualdade
O secretario xeral lembra no Parlamento que a partir de 2024 o Bono Deporte beneficiará a cada neno de entre 6 e 16 anos federado ou no XOGADE con 120 euros para a adquisición e equipamento deportivo ou a realización de actividades deportivas
As rexións europeas debaten sobre como fomentar a participación democrática da xuventude
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE asistiu a un encontro do Comité Europeo das Rexións centrado neste obxectivo de cara ás eleccións ao Parlamento Europeo
A Xunta expón as fotografías, pinturas e esculturas finalistas do Xuventude Crea 2023 na igrexa da Universidade de Santiago de Compostela
Lucía Castro Álvarez, en Fotografía, e Abraham Alonso Méndez, en Artes Plásticas, son os gañadores desta edición
A Xunta premia as creacións culinarias de tres mozos na final do Xuventude Crea na especialidade Cociña
O primeiro premio foi para o santiagués Víctor Frank Calvo Estévez, o segundo para a noiesa Tania Castelo Martínez e o terceiro para o coruñés Ramón Calvo Estévez, irmán do gañador
A Xunta compromete unha cuarta edición da liga de Break para o ano 2024 tras o éxito das anteriores
O B-Boy santiagués Retrokid resultou gañador da terceira edición da Liga Xunta de Galicia de Break na categoría avanzada
Fabiola García anuncia descontos en cruceiros para mozos e maiores a través do Carné Xove e do Carné +65
Os titulares destas dúas tarxetas poderán beneficiarse desta vantaxe tanto a través da páxina web da compañía como de calquera axencia de viaxes
A Xunta premia o talento musical da mocidade galega na final do programa Xuventude Crea
Eloy Vidal Varela (Corme, Ponteceso), Antía Vázquez Pantín (Oleiros) e Pablo Castro Lema (Vimianzo) fixéronse co primeiro posto do certame