Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 591 novas da área temática Consumo:

04/08/2023 | 10:29 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 2,4 M€ a apoiar accións de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos de calidade por agrupacións de produtores no mercado interior

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas subvencións, correspondentes á convocatoria de 2023 e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)

28/07/2023 | 11:11 | C. do Medio Rural

Un total de 16 consellos reguladores agroalimentarios beneficiaranse das axudas para programas de calidade por importe total de 340.000 euros

Estas axudas permiten a estas entidades manter o elevado nivel de rigorosidade necesario na realización das súas tarefas de control da orixe e da calidade dos produtos que certifican

20/07/2023 | 13:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña en Ferrol a aposta do comercio galego pola transformación dixital e sustentable

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe a boutique Coquette, que realizou melloras de eficiencia enerxética no marco do programa do Fondo Tecnolóxico

20/07/2023 | 13:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

O selo de Galicia Calidade certifica os produtos da empresa apícola Melías

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, entregaron aos responsables da compañía de Oza-Cesuras a certificación e a nova sinalización que identifica ás empresas adheridas ao selo de garantía da Consellería de Economía, Industria e Innovación

19/07/2023 | 12:56 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade certificará os produtos de porco celta galego grazas a un acordo con Asoporcel

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou en Lugo na presentación da colaboración coa Asociación de Criadores de Raza Porcina Celta, que permitirá aos produtores acceder ao uso do selo de garantía

18/07/2023 | 13:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Os produtos da queixería Santo André de Castroverde contan xa co certificado de Galicia Calidade

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitaron hoxe as instalacións da empresa, onde puxeron en valor o carácter artesanal no proceso de elaboración dos produtos

13/07/2023 | 20:31 | C. do Medio Rural

A Xunta promove no Portamérica o consumo de produtos de calidade diferenciada

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria contará cun posto no que se poderán degustar, entre outros, queixos e viños con distintivos de calidade

07/07/2023 | 13:57 | C. de Economía e Industria

Lorenzana reivindica en Agolada a importancia cultural e económica da artesanía de Galicia

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, inaugurou hoxe a décima edición do Corazón da Artesanía, onde sinalou que o número de obradoiros rexistrados alcanza xa os 857, case o dobre que en 2012