Actualidade
Buscador de novas
Valentín García gaba a implicación da comunidade escolar e familias en accións que fomentan o galego nos espazos de socialización dos centros educativos
O secretario xeral da Lingua salienta que máis de 2.600 alumnos participaron na cuarta edición do ‘Modo Galego, Actívao!’, que culminará cun festival o 17 de abril
A Xunta promove a creación dixital galega e en galego a través do festival Carballo Interplay
A cita consolida os seus espazos para a creación na lingua propia, con propostas específicas, certames de creación e destinadas a canles, así como un novo impulso ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais
A Xunta celebrará o Día do Circo na Cidade da Cultura cun espectáculo da compañía Pistacatro
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude trae ao Gaiás, o 19 de abril, o Premio Nacional 2025 nesta disciplina, que presentará un dos seus últimos proxectos
A Xunta contribúe con 290.000 € á celebración de 13 festivais profesionais de artes escénicas en 2026
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude distribúe estas axudas entre citas especializadas en teatro, monicreques, circo, danza, improvisación e monólogos
O festival Clasclás afondará na excelencia artística e reforzará a súa relevancia no panorama europeo da música clásica, co apoio da Xunta
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta a aposta pola “vangarda e a ciencia” da novena edición, que se celebrará do 20 ao 27 de xuño
A Xunta reafirma o seu apoio aos Premios de Teatro María Casares nunha 30ª edición de homenaxe a Manuel Lourenzo
Entre os 17 espectáculos finalistas figura a produción do Centro Dramático Galego ‘A serie clopen’, con 10 candidaturas
A Filmoteca de Galicia dedícalle en abril un ciclo á obra completa de Guillermo Galoe e continúa coa retrospectiva de Fassbinder
O cineasta madrileño de orixe galega que vén de sumar o segundo Goya por ‘Ciudad sin sueño’ presentará na Sala José Sellier todas as súas películas entre os días 14 e 17 e impartirá unha clase maxistral sobre os seus procesos de produción