Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 565 novas da área temática Auga:

08/03/2023 | 12:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza na colaboración co concello de Oia coa redacción do proxecto construtivo para a mellora do sistema de saneamento de Pedornes

Augas de Galicia está a ultimar o estudo previo de alternativas para a mellora da depuración na franxa costeira do municipio pontevedrés, cun investimento de 17.400 €

07/03/2023 | 12:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que a Xunta logrou evitar unha multa millonaria da Unión Europea grazas a un investimento de 30 M€ no saneamento da ría de Pontevedra

Subliña que, con inxentes recursos, 16,5 M€ na mellora da depuradora dos Praceres e 12 M€ no emisario submarino, e con moito traballo, o Goberno galego foi quen de reverter o expediente sancionador da Unión Europea por incumprimento dos parámetros de depuración na aglomeración urbana de Pontevedra-Poio-Marín

06/03/2023 | 16:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de renovación do saneamento de Vilagarcía de Arousa, que supoñen un investimento de case 10 M€

Coa sinatura da acta de replanteo efectuada, ten lugar o comezo efectivo destas actuacións que están a iniciarse coa implantación e preparación do terreo

03/03/2023 | 13:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais nas proximidades da praia de Santo Tomé cara á ría de Arousa, no concello de Cambados

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron o foco durante unha inspección rutineira nunha rede de augas pluviais situada na rúa Peirao de Santo Tomé

02/03/2023 | 12:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais domésticas ao río Valga ao paso por este concello pontevedrés

O persoal do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizou o foco procedente dunha vivenda que vertía directamente ao río Valga

23/02/2023 | 17:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta, a Confederación Hidrográfica do Douro e a Mancomunidade de Verín avanzan no convenio para cofinanciar o estudo de alternativas para a mellora do saneamento do río Támega

O obxectivo é resolver os problemas do sistema de saneamento que verte ao río Támega, na zona alta, onde conflúen os colectores de Verín, Castrelo do Val e Monterrei

22/02/2023 | 17:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta lembra que a autorización de vertido de augas residuais depuradas de San Finx conta con todas as garantías e que esta non permite a actividade mineira

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, lembra que a autorización de Augas de Galicia en ningún caso posibilita o desenvolvemento da actividade mineira nese punto da explotación, que requirirá de tramitación ambiental

22/02/2023 | 14:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aborda con profesionais das administracións autonómica e local a Lei do ciclo integral da auga, que reforza o apoio aos concellos na xestión do abastecemento e a depuración

A nova lei, que entrou en vigor o pasado 1 de setembro, inclúe a adhesión voluntaria dos concellos e fomenta unha xestión profesional dos servizos urbanos da auga

20/02/2023 | 17:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta traslada ao Concello de Ferrol a vontade de pechar a colaboración para o saneamento do rural o antes posible pero advirte que para iso é imprescindible que subsane as numerosas deficiencias detectadas nos proxectos

Augas de Galicia lémbralle ao Executivo local a necesidade de ter os proxectos de saneamento do rural corrixidos e pechados, e ínstaoo a recabar os informes sectoriais para avanzar no convenio correspondente

20/02/2023 | 14:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG a normativa do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa 2021-2027 que se fixa como obxectivo lograr que o 100% das masas de auga da conca acaden o bo estado

O Plan Hidrolóxico entrou en vigor o 10 de febreiro coa súa publicación no Boletín oficial do Estado, tras máis de 8 meses desde a súa autorización por parte do Consello da Xunta, sendo Galicia pioneira en aprobar o seu Plan de conca