Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.796 novas da área temática Economía:

21/05/2025 | 14:25 | C. de Economía e Industria

Lorenzana apela á coordinación co Goberno central e a UE para defender as empresas galegas á espera de coñecer o escenario arancelario definitivo

Lembra que a Xunta vén mantendo reunións mensuais co Ministerio de Economía, Comercio e Industria, no Pleno Interterritorial de Internacionalización, e tamén co ICEX e a Dirección Xeral de Comercio Internacional e Investimentos

21/05/2025 | 13:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda salienta o modelo empresarial de Santos como exemplo da Galicia innovadora e comprometida

Destaca o labor da compañía, baseado na profesionalización, na sustentabilidade, na innovación e na internacionalización, sen renunciar ás súas raíces

21/05/2025 | 12:13 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda anuncia a contratación de 14 novos psicólogos este ano para a Rede de psicoloxía clínica en Atención Primaria

Sinala que o 100% das 244 novas prazas de profesionais de saúde mental recollidas no Plan de Saúde 2000-2024 foron creadas a través das leis de orzamentos

20/05/2025 | 17:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel de programas como o FOEXGA na internacionalización das pemes galegas

A directora do Igape, Covadonga Toca Carús, visita Bodegas Godeval, exemplo do impulso que ofrece esta colaboración público-privada na proxección internacional do tecido empresarial galego

19/05/2025 | 17:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Economía e Industria
18/05/2025 | 18:23 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda avalía co presidente de CITIC Group novas oportunidades de colaboración entre Galicia e China

O presidente da Xunta mantivo hoxe en Vigo un encontro con Xi Guohua, presidente do grupo chinés propietario da fábrica do Porriño CITIC Censa

16/05/2025 | 14:03 | C. de Economía e Industria

Javier Arias explica ante empresarios lucenses as últimas liñas de axudas da Xunta para emprendedores

O delegado territorial de Lugo participou hoxe no networking convocado polos colectivos BNI Eixo, VCR Breogán e Ouro

16/05/2025 | 13:47 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca a aposta de Agua de Sousas por seguir ampliando capacidade e tecnoloxía nas súas instalacións

Indica que a Xunta, a través da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas e da Oficina Económica do Igape, está a facer un seguimento do proxecto de ampliación que a empresa ten en marcha 

15/05/2025 | 21:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda aposta por consolidar o Eixo Atlántico como alianza estratéxica e reclama equidade territorial en investimentos e competencias

Reivindica un modelo de cogobernanza multilateral de igualdade para todas as Comunidades sen renunciar á corresponsabilidade en temas como o financiamento autonómico

15/05/2025 | 16:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta mobiliza máis de 186 M€ en axudas empresariais a través do maior paquete de apoios anticipados na historia do Igape

A directora do Igape, Covadonga Toca, expón no Parlamento de Galicia as actuacións desenvolvidas polo Instituto no primeiro trimestre, no que, por primeira vez, concentráronse 15 liñas de axuda ás que se sumaron despois outras catro de internacionalización