Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.013 novas da área temática Vivenda:

07/03/2025 | 15:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta impulsa a rehabilitación dun inmoble que albergará catro novas vivendas en alugueiro accesible en Pantón

A conselleira destaca a aposta do Concello de Pantón por recuperar vivendas a través do programa da Xunta para a rehabilitación de edificios de titularidade municipal

06/03/2025 | 18:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 12 ofertas para a rehabilitación de 4 inmobles nos centros históricos de Ourense, Tui e Ribadavia para habilitar 14 vivendas públicas

A Administración autonómica recibiu 3 ofertas para rehabilitar 2 inmobles en Ourense, outras 4 para recuperar un edificio en Tui e 5 ofertas de empresas para acometer a rehabilitación dun inmoble en Ribadavia

06/03/2025 | 12:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira María M. Allegue destaca na Coruña o esforzo licitador da Xunta en vivenda e infraestructuras que acada preto de 210 M€ en tan só 11 meses

M. Allegue subliña que a un mes de cumprirse o ano de lexislatura estanse a acadar cifras récord en licitacións, con case 135M€ en materia de vivenda e preto de 76M€ en infraestruturas

05/03/2025 | 11:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ana Ortiz entrega as chaves dunha nova vivenda de promoción pública no Casco Vello de Vigo

A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello, Ana Ortiz, firmou a venda dun piso na rúa Ferrería adxudicado mediante sorteo público

03/03/2025 | 12:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 7,8 M€ a construción de 38 novas vivendas de promoción pública en Navia, no concello de Vigo

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ten formalizado xa este contrato para construír un edificio de nova planta para destinalas a 38 vivendas protexidas, con prazas de garaxes e rochos

28/02/2025 | 20:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibiu no primeiro día 3.186 solicitudes para o Bono Alugueiro Mocidade

Estas cifras, actualizadas ás 19 horas de hoxe, rexistráronse no primeiro día do prazo para presentar as citadas solicitudes 

27/02/2025 | 13:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira M. Allegue destaca as condicións “moi vantaxosas” para a adxudicación de parcelas, que permitirán a construción de 153 novas vivendas protexidas en Navia

Allegue anima ao sector a participar no concurso de parcelas de Navia, nun encontro que reuniu en Vigo a medio centenar de promotores e cooperativistas

26/02/2025 | 15:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira María M. Allegue destaca o compromiso da Xunta coa mellora da mobilidade en Ourense con obras en marcha que superan os 5M€

Avanzou a licitación este ano dun proxecto de conservación do firme das travesías autonómicas no concello de Ourense, con especial intensidade na estrada OU-413 (da subida ao Seminario) e cun orzamento global de 2,6M€

26/02/2025 | 15:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira María M. Allegue salienta que a Xunta concedeu o ano pasado 6.400 axudas por preto de 31M€, ao abeiro do Programa de acceso á vivenda

Allegue concretou que a execución real do orzamento do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no ano 2024 acadou o 82%

26/02/2025 | 15:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 23 ofertas para a redacción do proxecto para a construción do primeiro edificio de aloxamentos compartidos e temporais para menores de 36 anos, que se ubicará en Santiago

É o primeiro destes inmobles que o Goberno galego construirá en Galicia para ofrecer unha solución habitacional ás necesidades transitorias de residencia da mocidade