Actualidade
Buscador de novas
Galicia reivindica no Comité Europeo das rexións a importancia da dimensión rexional nas relacións da UE co Reino Unido
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia na última reunión do órgano do Comité Europeo das Rexións especializado nas relacións post-Brexit
A Xunta aborda con UNRWA España a situación da poboación refuxiada palestina na franxa de Gaza
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, recibiu a directora en España da Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados Palestinos, Raquel Martí, á que da trasladou a colaboración da Xunta en apoio a esta poboación
A Xunta activa os apoios para que as pemes galegas contraten xestores de internacionalización e impulsen as súas vendas ao exterior
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria dotada con 1,3 millóns de euros cuxo obxectivo é facilitar a incorporación ao mercado laboral de profesionais con formación ou experiencia en comercio internacional de cara a apoiar ao tecido empresarial na busca de novos mercados
A Xunta destaca a importancia da cooperación en materia de investigación e innovación entre as universidades do suroeste europeo
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe ao comité executivo da Conferencia de Reitores das Universidades e Institutos Politécnicos do Suroeste Europeo
Récord histórico: 7.957 persoas retornan a Galicia en 2022, marcando un fito para a comunidade
O saldo migratorio positivo de Galicia acada cifras sen precedentes en 2022, segundo o INE: 27.251 persoas
O padroado da Fundación Galicia Europa aborda o plan de actuacións de 2024 de cara ao novo ciclo institucional europeo
Entre as prioridades están a recuperación da presencialidade do curso de financiamento comunitario ‘TecEuropa’ e a continuidade doutras actividades como a información sobre asuntos europeos e a iniciativa EuroXuventude
A Xunta avoga por un maior papel do Comité das Rexións no proceso lexislativo europeo
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, respondeu unha cuestión sobre o órgano consultivo no Parlamento de Galicia
Galicia reclama avances que permitan elevar as posibilidades de pesca da súa frota para 2024 fronte á proposta inicial que se negocia da Comisión Europea
Desde a comunidade pídeselle ao Ministerio que se aproveite a presidencia de España do Consello para propiciar avances nas cotas e os totais admisibles de capturas nas especies de maior interese para os profesionais do mar galegos
A Alianza Europea Vanguard Initiative, da que Galicia forma parte, lanza un instrumento de financiamento para apoiar proxectos de innovación entre rexións
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu hoxe en Bruxelas á conferencia de décimo aniversario desta rede na que a Xunta busca incrementar a captación de fondos europeos
A Xunta aborda a situación da comunidade peruana en Galicia co seu cónsul honorario
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, mantivo un encontro co cónsul honorario da República do Perú en Galicia, Marco Antonio Gonzales