Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 694 novas da área temática i+D+i:

16/06/2023 | 16:05 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade asina un acordo de cooperación transfronteirizo entre Portugal e Galicia para o desenvolvemento tecnolóxico en imaxe médica PET

A rede Gallaecia-PET permitirá coordinar e aumentar significativamente as diferentes capacidades existentes en ambas as rexións en tecnoloxía de imaxe médica PET, desde a investigación preclínica e desenvolvemento de radiofármacos ata o seu uso clínico

13/06/2023 | 11:42 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca a crecente demanda de perfís especializados en ciberseguridade e a necesidade de xerar e reter talento neste ámbito

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica, Julián Cerviño, inaugurou hoxe en Ourense unha xornada sobre as perspectivas de futuro desta tecnoloxía en Galicia
 

12/06/2023 | 20:28 | C. de Sanidade

Comesaña salienta o Estudo da cardióloga Martínez Monzonís sobre a utilidade dos biomarcadores prognósticos, na entrega dos IV Premios Ramiro Carregal

Xunto co seu equipo, a cardióloga Martínez Monzonís desenvolve o proxecto: ‘Estudo sobre os marcadores prognósticos na insuficiencia tricuspídea (IT) significativa na era do tratamento percutáneo: o papel das técnicas de imaxe cardíaca avanzada e a graxa epicárdica’

09/06/2023 | 15:39 | C. de Economía e Industria

A Unidade mixta de investigación de Grupo Antolín e CTAG avanza na seguridade e confort do automóbil

Esta mañá presentáronse no CTAG os resultados de catro anos de traballo conxunto no desenvolvemento de solucións innovadoras sobre monitorización

08/06/2023 | 20:31 | C. de Sanidade

Comesaña salienta a integración do ‘Proxecto Blood’ no conxunto de hospitais galegos no 33º Congreso da Sociedade Española de Transfusión de Sangue e Terapia Celular

García Comesaña presidiu a xornada inaugural da reunión anual da SETS, un dos foros médico-científicos de maior prestixio a nivel nacional e que, despois de 26 anos, volve a celebrarse en Santiago de Compostela

08/06/2023 | 15:26 | C. de Economía e Industria

Galicia ten como reto seguir incentivando a participación de todos os axentes do ecosistema galego de I+D+i nas axudas europeas

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou nunha xornada informativa organizada xunto co CDTI, con quen avoga por unha xestión coordinada para ofrecer unha xanela única ás pemes, emprendedores e investigadores

07/06/2023 | 13:54 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda enxalza as oportunidades que ofrece Galicia para captar, reter e aumentar talento investigador

Destaca a consolidación de cinco novas prazas de persoal investigador, a Estratexia RIS3 de Galicia e o futuro decreto das carreiras investigadoras como ferramentas para facer da Comunidade un referente no eido da ciencia
 

06/06/2023 | 14:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima ás pemes galegas a innovar seguindo o exemplo de empresas como Jim Sports

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou a empresa de Palas de Rei, que está inmersa nun proceso de innovación para incrementar a súa produtividade e facer fronte aos retos do mercado

05/06/2023 | 17:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel da Fundación Cotec como referente na promoción da innovación

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou en Madrid na reunión do Padroado desta organización sen ánimo de lucro, que estivo presidida polo rei Filipe VI

02/06/2023 | 12:29 | C. de Economía e Industria

O III Encontro Oportunius permitirá coñecer os avances científicos de investigadores apoiados por este programa da Xunta

O acto, que se celebrará o martes 7 de xuño en Santiago de Compostela, afondará tamén no posicionamento de Galicia na captación de axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC)