Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 646 novas da área temática Transporte:

20/08/2023 | 16:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta habilita servizos especiais de autobús para facilitar os desprazamentos á festa do Naseiro, en Viveiro, do 25 ao 30 de agosto

Desde o vindeiro venres disporanse liñas con frecuencias horarias durante a celebración da festa, tanto para a ida como para a volta

16/08/2023 | 17:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa o 19 e 20 de agosto servizos especiais de autobús para facilitar os desprazamentos ao entroido de verán de Redondela

Habilitaranse servizos de ida dende Vigo, O Porriño e a estación de autobuses de Pontevedra os días 19 e 20 de agosto

15/08/2023 | 17:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa servizos especiais de autobús durante as festas de Santa Cruz, en Oleiros

Os días 19, 20, 22 e 23 de agosto haberá unha liña dende Gasolineira Santa Cruz ata Entrexardíns, con saída ás 3,30 horas da madrugada

12/08/2023 | 10:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza as frecuencias de autobús durante as festas de Sada para facilitar os desprazamentos

O día 15 de agosto habilitaranse servizos de ida dende Entrexardíns ás 23,00 e Betanzos ás 22,30 e 23,30 horas
 

07/08/2023 | 15:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adapta os horarios dos servizos de autobús entre O Grove e Pontevedra á demanda rexistrada na tempada de verán desde este luns 7 de agosto

As modificacións supoñen un axuste nos tempos de paso das paradas das liñas O Grove- Pontevedra e O Grove-Portonovo-Pontevedra

07/08/2023 | 14:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reactiva a partir deste mércores os servizos de autobús ás piscinas de Monterrei, no concello do Pereiro de Aguiar

A liña A Valenzá – Monterrei (Piscinas) estará operativa desde o 9 de agosto ata o 10 de setembro, disporá de 3 expedicións de ida e 3 de volta, tanto en días laborables como nas fins de semana

03/08/2023 | 15:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta incrementa en agosto máis de 200 frecuencias de autobús á semana entre Vigo-Baiona e Vigo-Gondomar, e nos servizos diarios do Porriño, Ponteareas e Tui cara a Praia América

Os servizos que conectan estas localidades e as zonas de praia refórzanse para atender a demanda de transporte público nesta época nos desprazamentos aos areais

02/08/2023 | 12:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa servizos de autobús especiais para a Festa do Albariño, en Cambados, as festas de Lorbé, en Oleiros, e para o festival Rock in Cambre

Nas madrugadas do 5 e do 6 de agosto activaranse dous servizos desde Cambados cara a Pontevedra que sairán ás 07,00 e ás 08,35 horas

02/08/2023 | 11:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta facilita durante este de agosto un total de 40 frecuencias de autobús para desprazarse durante a semana entre Redondela e a praia de Cesantes

Os usuarios dispoñen de tres servizos de ida e cinco de volta de luns a venres durante o mes de agosto

30/07/2023 | 12:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica OU-902 ao paso polos concellos do Carballiño e do Irixo

Proseguirán as intervencións en execución na autovía AG-64, en Narón e en San Sadurniño; e na estrada LU-160, en Mondoñedo e Alfoz