Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.746 novas da área temática Emprego:

11/12/2025 | 11:26 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica o nomeamento e a adxudicación de destino definitivo en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional

Son nomeados 6 profesionais, 5 polo sistema de concurso de méritos e 1 polo sistema de concurso-oposición, en varias categorías de persoal sanitario de formación profesional

10/12/2025 | 13:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta urxe ao Goberno central un calendario para a vía específica de homologación de títulos dirixida a bolseiros BEME e coordinación para casos prioritarios

José González insistiu na necesidade dun procedemento áxil de homologación —coordinado entre a Xunta, as universidades e o Ministerio— para os beneficiarios das BEME, que xa se reclamara por carta o pasado outubro en liña co que recomenda a UE

10/12/2025 | 12:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta financia a contratación de 13 persoas mozas desempregadas en 10 concellos da área territorial de Ferrol a través do Programa de Garantía Xuvenil

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o Concello das Somozas para coñecer a unha destas traballadoras contratadas para o servizo de mantemento de espazos verdes

09/12/2025 | 13:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
09/12/2025 | 13:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa un proxecto lúdico e formativo para estimular o talante emprendedor entre os cativos

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a iniciativa culmina o día 13 cunha feira na Praza de Abastos na que 60 nenos e nenas ofrecerán os seus produtos

08/12/2025 | 13:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amplía o Bono Remuda 2025 como antesala dos 1,5 M€ cos que estará dotado o ano que vén no marco da orde de axudas para autónomos por case 41 M€

O DOG vén de publicar a redistribución de crédito da convocatoria única para persoas traballadoras autónomas deste ano, que suporá contar con preto de 300.000 € máis para atender un total de 67 solicitudes que garantan a remuda no tecido produtivo

07/12/2025 | 12:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca en Ribadavia o dinamismo comercial xerado polo proxecto Vilas Vivas que vén de arrancar coincidindo co evento ‘Artesanía, Saber e Sabor’

José González comprobou hoxe o funcionamento dos primeiros locais xa abertos en Ribadavia coincidindo co evento ‘Artesanía, Saber e Sabor’ e destacou o interese que están a xerar entre o público e o tecido emprendedor

06/12/2025 | 13:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta investiu en 2025 na arxentina case 2 M€ a través de programas socioculturais, formativos e de retorno como a feira de emprego con máis de 3.000 persoas

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, fixo balance nun encontro en Bos Aires cos presidentes das entidades galegas na Arxentina