Actualidade
Buscador de novas
O III Encontro Oportunius permitirá coñecer os avances científicos de investigadores apoiados por este programa da Xunta
O acto, que se celebrará o martes 7 de xuño en Santiago de Compostela, afondará tamén no posicionamento de Galicia na captación de axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC)
Conde pon de relevo o papel dos ‘makers’ na transformación dixital e sustentable de Galicia
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou nas xornadas da industria da Maker Faire Galicia, que celebra na Cidade da Cultura a súa novena edición
Rueda salienta que o talento universitario é clave para que Galicia afronte con éxito os retos dun novo modelo económico innovador e sustentable
Garante o apoio do Goberno galego á investigación académica que, con máis de 400 M€ en axudas directas para actividades de I+D+i nas universidades públicas galegas, é a partida que máis medrou no Plan de Financiamento Universitario
A Xunta destaca a contribución do proxecto Smart Lean Platform 4.0 for people á dixitalización da industria galega
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe na presentación dos resultados deste proxecto de I+D+i apoiado pola Xunta de Galicia na planta da empresa fabricante de compoñentes para automoción TI Automotive
A Xunta convida ás entidades europeas de seguridade aérea a cooperar para acelerar o desenvolvemento tecnolóxico e regulamentario das operacións con vehículos aéreos non tripulados
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, acompañou hoxe no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas a representantes institucionais e técnicos de Eurocontrol, da Axencia Europea de Seguridade Aérea (EASA) e da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) nunha demostración de casos de uso dos simuladores U-Space
A Consellería de Sanidade e a Universidade de Santiago colaborarán para o intercambio de coñecemento, formación, investigación e difusión en materia de saúde pública
A tal efecto, Julio García Comesaña, e Antonio López Díaz, asinaron hoxe un convenio marco entre ambas institucións
A aceleradora Business Factory Aero da Xunta lanza hoxe a súa quinta edición para captar novos proxectos de alto impacto do sector aeroespacial
As empresas e entidades cunha idea innovadora teñen de prazo desde hoxe ata o 19 de xullo para rexistrar as súas solicitudes de participación
A Xunta asina a constitución do consorcio europeo de goberno intelixente ‘Govtech4all’ xunto con outros 21 organismos de 15 países
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, o concello de Madrid e a Deputación Foral de Biscaia son os catro integrantes españois deste consorcio
A Xunta inxecta máis de 2,4 M€ para que os investigadores posdoutorais afiancen a súa traxectoria científica
O presidente subliña que o obxectivo é que estes profesionais completen a súa formación e “poidan establecer unha liña de investigación propia”