Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 683 novas da área temática Exterior:

07/11/2023 | 10:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asina o acordo para levar a cabo a XI edición do proxecto de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global ‘Activistas polo mundo que queremos’

Formalizouse coas ONGD Solidariedade Internacional de Galicia, a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e a Asemblea de Cooperación pola Paz cunha achega de 70.000 euros

01/11/2023 | 10:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta participa en catro proxectos europeos vencellados á transformación dixital da industria da Eurorrexión, economía circular e sector aeroespacial

A Axencia Galega de Innovación vén de captar estas novas iniciativas europeas dentro do programa de cooperación transfronteiriza Interreg España-Portugal 21-27, dotados cun orzamento de 5,5 millóns de euros

27/10/2023 | 12:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta destina case 364 M€ en 2024 ao fomento do deporte, á modernización da xustiza, ao apoio ás entidades locais e aos servizos de emerxencias, e a prol da acción exterior da comunidade

O vicepresidente primeiro da Xunta, Diego Calvo, compareceu hoxe no Parlamento de Galicia para explicar as contas do seu departamento para o vindeiro ano

25/10/2023 | 18:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda coa Comisión Europea as medidas europeas de apoio ás pemes

No novo encontro do ciclo ‘FGE | NextGeneratiOn Galicia’ expúxose o estado da situación das pemes galegas e os instrumentos comunitarios para apoiar a súa actividade

18/10/2023 | 16:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O programa de financiamento comunitario “TecEuropa” abre a inscrición para a súa 19ª edición

O curso, en formato virtual, volverá contar con expertos no financiamento comunitario que a través de contidos teóricos e prácticos achegarán as opcións de fondos europeos dispoñibles para as entidades públicas e privadas.

18/10/2023 | 15:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Un total de 60 galegos procedentes do exterior formaranse na Escola de Hostalería da Coruña a través do programa Retorna Cualifica Emprego

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, participou hoxe na Coruña na presentación desta iniciativa, onde se están a formar xa galegos no exterior para traballar no sector da hostalería

17/10/2023 | 20:30 | A Presidencia da Xunta

O presidente Rueda reúnese co embaixador de Malta en España para ampliar as relacións vencelladas co Camiño de Santiago e analizar posibles alianzas pesqueiras

As exportacións galegas a este país concéntranse no sector téxtil, cun 59 % das operacións, aínda que o naval foi o máis notable desde 1995 ata a actualidade, superando o 21 % das exportacións totais

17/10/2023 | 15:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta comparte a súa experiencia na captación de fondos europeos e pon en valor as relacións entre Galicia e o Norte de Portugal

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou en Braga no seminario ‘Programas de Xestión Directa da Comisión Europea: Que financiamento para o ciclo 2021 – 2027?’, organizado pola Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte

13/10/2023 | 18:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o tecido empresarial transfronteirizo na presentación de Mercatus

Trátase dunha iniciativa da Confederación Empresarial do Alto Miño (Ceval) e a Cámara de Comercio de Tui, coa colaboración da Cámara Municipal de Valença do Minho e o Concello de Tui