Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.272 novas da área temática Medio ambiente:

09/08/2025 | 13:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta impulsa a recuperación dos bosques de algas laminarias na costa lucense no marco dun proxecto con fondos da UE para preservar ecosistemas mariños

Cun investimento total de 4,46 M€, o obxectivo é mellorar o estado de conservación dos hábitats prioritarios incluídos en 12 espazos protexidos da Comunidade galega con accións orientadas ao desenvolvemento de aves en perigo de extinción, á eliminación de especies alóctonas e á recollida de lixo mariño, entre outras

08/08/2025 | 14:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta apoia ao Concello de Ordes con preto de 60.000 euros para mellorar o sendeiro do rego de Mercurín

As obras, cun investimento total de máis de 73.000 euros, inclúen a mellora da senda mediante a execución dun pavimento de terra, a substitución de especies vexetais alóctonas por outras autóctonas, a recuperación de zonas verdes adxacentes e a instalación de mobiliario

08/08/2025 | 14:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental á construción dunha nave de produción de combustibles sólidos recuperados a partir de residuos non reciclables en Sarria

A resolución, que sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, inclúe condicionantes co fin de minimizar e compensar os posibles impactos que a execución do proxecto poida ter na contorna

08/08/2025 | 12:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta completa a recuperación e posta en valor das pontes colgantes de Calvelo, O Xirimbao e Soutomaior tras un investimento de 220.000 euros

Ángeles Vázquez salienta a importancia destas actuacións para vertebrar o territorio, mellorar a mobilidade nos espazos naturais e fomentar un turismo verde e sostible

08/08/2025 | 11:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta impulsa a construción da futura planta de clasificación de residuos téxtiles en Cerceda co inicio dos traballos de movemento de terras

Cun investimento de 22,4 M€, dos cales 10,2 M€ se financiarán con fondos europeos, as novas instalacións ocuparán unha superficie de 8.000 m2 e contarán cunha capacidade inicial para tratar 3.000 Tn/ano, ampliable ata chegar a 24.000 Tn/ano

07/08/2025 | 12:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta activa a situación de prealerta por escaseza moderada de auga nos sistemas do río Lérez, en Pontevedra, e do río Grande, en Camariñas

A maiores, tamén se aplicarán medidas equivalentes no subsistema de Baiona, desde o cal se abastece a poboación deste municipio pontevedrés

06/08/2025 | 15:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para a construción dunha explotación de cría de preto de 130.000 pitas no concello de Palas de Rei

A resolución, que sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, inclúe condicionantes co fin de minimizar e compensar os posibles impactos que a execución da iniciativa poida ter na contorna

06/08/2025 | 13:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e Ecovidrio colaborarán nos próximos anos para afianzar o liderado de Galicia en canto á taxa de reciclaxe de vidro, que se sitúa xa por riba do 80 %

Ángeles Vázquez salienta os bos resultados acadados na Comunidade, cunha mellora constante das cifras de recuperación destes refugallos durante o período 2021-2024 e superando xa o obxectivo fixado neste eido a nivel nacional para o ano 2025

06/08/2025 | 13:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta realiza novas intervencións arqueolóxicas no Castro de Baroña que elevan a máis de 400.000 € o investimento neste xacemento nos últimos anos

Estas sondaxes realízanse ao abeiro das 81 actuacións do Goberno galego para 2025 en toda Galicia, 14 delas na provincia da Coruña por valor de 217.000 euros

06/08/2025 | 11:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede 33 axudas por un importe global de 90.000 € para financiar actuacións de conservación e mellora de árbores e formacións senlleiras

Este financiamento pode cubrir ata o 100 % do custo das intervencións, cun límite de 4.500 € por exemplar e de ata 8.000 € en caso de que se trate dun conxunto