Actualidade
Buscador de novas
A Xunta publica hoxe no DOG a convocatoria dos actos expropiatorios para executar as obras da senda entre Mollavao e Os Praceres, no Concello de Pontevedra
Esta actuación, que se desenvolverá na estrada vella de Marín, a PO-546, prevé un investimento de máis de 6,8 M€ e licitarase antes de finais de ano
A Xunta convoca o 6 de novembro as probas para obter ou renovar o certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada ou ferrocarril
Os exames terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) entre as 16 e as 19 horas
Os orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para o ano 2024 na provincia da Coruña acadan preto de 266 M€
A Xunta destinará 111 M€ a avanzar na vertebración territorial e na mellora das estradas convencionais, con case 21 M€ dirixidos á conservación de estradas, supresión de tramos de concentración de accidentes ou mellora da mobilidade
A Xunta inicia as obras da senda peonil na estrada autonómica AC-552 entre Pastoriza e Vilarrodís que suporán un investimento de máis de 150.000 €
A actuación conta cun prazo de execución de 3 meses e permitirá habilitar unha senda que favorecerá a circulación a pé ao longo dun treito da vía autonómica coincidente cunha intersección, reformulando o cruce e habilitando o espazo para o encaixe do itinerario
Os orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para 2024 superarán os 80,6 M€ na provincia de Lugo
A partida máis elevada, 35,25 M€, destínase a infraestruturas viarias o que permitirá, entre outras actuacións, impulsar con consenso a Rolda Leste na cidade de Lugo, con 5 M€ en 2024 e compromisos plurianuais para os vindeiros exercicios doutros 15 M€
Os orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para 2024 na provincia de Pontevedra superan os 158 M€
As actuacións no eido das estradas reciben a maior partida, 77,7 M€ para avanzar na construción de vías de altas prestacións e a mellora e conservación das vías convencionais
A Xunta optimizará a partir deste vindeiro luns o percorrido e os horarios da liña de autobús desde Lalín e Silleda cara aos hospitais de Santiago
Adiantarase a saída das tres expedicións de ida en 10 minutos, pasando de saír ás 06:35, 13:35 e 20:35 a facelo ás 06:25, 13:25 e 20:25 horas
A Xunta sinala que o bloqueo da autovía da Mariña polo Goberno de España dificulta a eficacia da VAC da Costa Norte e a accesibilidade dos concellos
Francisco Menéndez sinala que a VAC Costa Norte non pode supor unha alternativa para o tráfico de longo percorrido na Mariña, Ortegal e Ferrolterra sen a A-74 estatal e sen o apoio do Concello á Variante de Viveiro
A Xunta publica hoxe no DOG a concesión de 103 axudas para a modernización e dixitalización das frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías por 638.000 €
Correspondese coa resolución das subvencións outorgadas entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, no marco destes incentivos dirixidos a autónomos e a pemes do sector
Rueda anuncia investimentos de 18 M€ para facer de Ferrol a cidade do deporte e novas actuacións nos tres barrios BIC
Anuncia un acordo entre Xunta e Concello para comezar a traballar nun convenio de colaboración que supoña investir 18 millóns de euros ata 2027 en actuacións de rexeneración urbana na cidade e converter a Ferrol na cidade do deporte do futuro