Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 761 novas da área temática Xuventude:

23/09/2023 | 13:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta promove a participación xuvenil a través do programa Iniciativa Xove

Permite ofrecer o apoio económico necesario a asociacións ou grupos xuvenís para poñer en marcha proxectos e iniciativas en distintos sectores

22/09/2023 | 19:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez recoñece o compromiso do profesorado co bo clima de convivencia nas aulas

O conselleiro de Educación abre a xornada de formación sobre ‘A convivencia positiva e a prevención de conflitos’ que congrega preto 350 docentes en Santiago

21/09/2023 | 15:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Unha trintena de estudantes de secundaria do municipio raiano das Neves coñecen o CIAE-112 Galicia

Esta actividade enmárcase no Día da Cooperación Interreg, para lembrar á cidadanía a importancia de unir esforzos a prol do desenvolvemento da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

20/09/2023 | 19:37 | C. de Política Social e Igualdade

O Grove acolle o último campo de voluntariado da Xunta que pon fin a unha existosa campaña de verán

Galicia acolleu un total de 46 campos de voluntariado que sumaron 730 prazas

20/09/2023 | 17:27 | C. de Política Social e Igualdade

A directora xeral de Xuventude inaugura a xornada de voluntariado tecnolóxico VolunTIC

O evento contou con mesas redondas onde se compartiron experiencias de cibervoluntariado e o seu impacto positivo na transformación social de Galicia

19/09/2023 | 15:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta fomenta a capacitación laboral de 15 mozos dos concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo

Realizarán estadías formativas en tres sectores estratéxicos: a tecnoloxía, o benestar e a moda

15/09/2023 | 14:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta estenderá o Carné Xove os mozos da Galicia exterior antes de que remate o ano

Poderán acceder aos descontos aos que dá dereito esta credencial en todo o territorio nacional e nos 40 países que están adheridos ao programa Carné Xove Europeo

15/09/2023 | 14:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca en Madrid o éxito do Xuventude Mentoring, que facilita o tránsito do ámbito académico ao laboral

Nestes momentos está aberta a cuarta edición do programa que acumula xa preto de 430 participantes de 18 a 30 anos, dos cales ao redor da metade conseguiron un emprego
 

04/09/2023 | 16:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta promove a educación ambiental entre a mocidade no campamento ‘Zerowaste’, en Nigrán

Nesta última quenda, 45 mozos de entre 13 e 16 anos realizan actividades de concienciación, así como deportes náuticos ecolóxicos

03/09/2023 | 16:55 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre o prazo para participar na cuarta edición do programa Xuventude Mentoring

Esta nova convocatoria, impulsada coa colaboración do Consorcio Interuniversitario de Galicia (Cixug), conta cun máximo de 250 prazas e permanecerá aberta a solicitudes ata o 18 de setembro