Actualidade
Buscador de novas
A Xunta adxudica axudas a 78 escolas de música de 67 concellos nas que estudan 12.200 alumnos
Benefícianse desta liña, dotada con 265.000€, centros que dependen tanto de administracións municipais como de entidades sen ánimo de lucro
A EGAP reforza o plan de formación para 2025 coa incorporación de 123 novidades respecto ao ano anterior
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, acompañado pola directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, presidiu esta mañá o Consello Reitor do organismo no que se presentou o Plan de formación dirixido ao persoal empregado público galego para o ano 2025
A Xunta demanda a integración presencial da Policía Nacional e da Garda Civil na sede do CIAE 112-Galicia para reforzar a coordinación ante emerxencias
O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, visitou a Axencia Galega de Emerxencias para participar na entrega de drons á Policía Autonómica, que si está presente na sala do 112
A Xunta apoia a contratación de 15 novos doutorandos industriais para que poidan desenvolver a súa tese en empresas e centros tecnolóxicos
A Consellería de Ciencia inviste case preto de 2 millóns de euros na cuarta edición deste programa, que suma xa máis de 61 investigadores participantes
A Xunta impulsa o establecemento de sinerxías entre o talento universitario e o ecosistema emprendedor galego no marco da Rede de polos
O Executivo galego promove a conexión entre empresas emerxentes galegas, asesoradas no marco da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, con estudantado universitario de último ano grazas á plataforma U4Impact
Rueda destaca a contribución de NTT Data ao impulso da innovación no tecido empresarial e nos servizos públicos
O presidente da Xunta mantivo un encontro co director xeral en España desta consultora tecnolóxica, Víctor López-Barrantes e o director en Galicia e Asturias, Alberto Borrego
Rueda celebra a excelencia do alumnado galego e o traballo de toda a comunidade educativa
Destaca a importancia do acompañamento de familias e docentes aos estudantes na súa formación
Belén do Campo inaugura o obradoiro “Rexenera 2024” no que se formarán 20 persoas en limpeza de espazos abertos e instalacións industriais e en operacións auxiliares de revestimentos en construción
A delegada da Xunta participou na apertura deste taller de formación que conta cun apoio da Xunta de case 412.000 euros e que se prolongará durante 9 meses
A Xunta renova o obradoiro dual de emprego ‘Reinicia XI’ cun investimento de preto de 412.000 euros
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá en Ares no acto inaugural desta acción formativa na que participan unha vintena de persoas en situación de desemprego