Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 607 novas da área temática Portos:

04/04/2023 | 18:12 | C. do Mar

A Xunta aposta polo deseño dun plan de xestión da mexilla para optimizar tanto a extracción como o seu aproveitamento

O Executivo galego considera necesario adecuar os tempos de recollida do recurso ao seu estado e localización para acadar o máximo rendemento posible

01/04/2023 | 12:14 | C. do Mar

Portos de Galicia e o Concello de Noia analizan as posibilidades de ordenación da fachada marítima

O ente público dependente da Consellería do Mar contratou a un estudo arquitectónico unha proposta para a integración e aproveitamento do bordo litoral

30/03/2023 | 16:12 | C. do Mar

A Xunta traballa no anteproxecto de reforma do bordo portuario de Portonovo cun investimento estimado de arredor de 15 M€

O punto de partida é o proxecto gañador do concurso de ideas posto en marcha en xaneiro do ano pasado por Portos de Galicia e o Concello de Sanxenxo

24/03/2023 | 14:02 | C. do Mar

A Xunta inviste 90.000 euros en ordenar o tráfico, pavimentar e ampliar a área de estacionamento na contorna da lonxa de Barallobre, en Fene

A presidenta de Portos de Galicia visitou as obras, que están en execución e se prevé que rematen o vindeiro mes
 

24/03/2023 | 12:56 | C. do Mar

A Xunta enxalza o labor do Porto de Vigo como exemplo internacional de innovación ambiental e sustentabilidade

A titular de Mar salienta que o novo visor constitúe unha idea pioneira que embelecerá a contorna portuaria sen restar operatividade ás instalacións e axudará á divulgación e concienciación medioambiental

23/03/2023 | 12:41 | C. do Mar

A Xunta investirá arredor de 450.000 euros para habilitar novos departamentos de usuarios do sector pesqueiro no porto de Sanxenxo

A presidenta de Portos de Galicia presentou tanto á confraría de pescadores local como ao Concello o proxecto para mellorar a ordenación e integración da actividade pesqueira nunha contorna marcadamente turística

21/03/2023 | 12:14 | C. do Mar

Galicia advirte de que o futuro da frota pesqueira está en risco pola deriva de Bruxelas cara a políticas en exceso medioambientalistas sen base científica

A titular de Mar salienta que a comunidade vai apoiar ao Goberno central na busca de aliados para crear un grupo de presión forte con outros países que permita frear o cúmulo de despropósitos que pretende poñer en marcha a Comisión Europea

20/03/2023 | 12:35 | C. do Mar

A Xunta investirá 2 M€ na mellora do abrigo e a ampliación de prazas de amarre no porto de Portosín

A solución elixida entre catro propostas técnicas avaliadas suporá a instalación dun dique de abrigo flotante de 120 metros de lonxitude e a construción de pantaláns para habilitar zonas de atraque para 17 embarcacións na contorna da nave de redes

19/03/2023 | 10:35 | C. do Mar

A Xunta presenta á Confraría de Camelle a proposta de dragaxe do peirao local cun investimento previsto de 200.000 €

A presidenta de Portos de Galicia expuxo esta semana ao sector da zona o proxecto para que este peirao do concello de Camariñas recupere calado e mellore a súa operatividade

17/03/2023 | 13:28 | C. do Mar

A Xunta inviste arredor de 170.000 euros na mellora de pavimentos e ordenación do tráfico no porto de Sada

Portos de Galicia iniciou as obras de renovación de firmes na zona da dársena deportiva e posteriormente actuará nas chancelas do peirao pesqueiro e a contorna do centro comercial, onde se habilitarán 166 praza de estacionamento